Isaac Díaz Pardo

diaz pardo 3 e1491646206962

Os ollos de Isaac, coma os de Picasso, vían alén do horizonte artístico. Díxeno hai anos e repítoo agora: en Isaac había moito máis ca unha chispa de xenialidade, e demostrouno como pintor, deseñador, ceramista e arquitecto. Pero ademais da admiración que sentín polo artista, abraioume o Isaac, pequeno-enorme home, fiel á memoria dos que, … Ler mais

Xosé María Cao no Museo do Humor de Fene

José María Cao

Hai moitos anos que admiro a Xosé María Cao Luaces, o gran debuxante galego que despois dunha amplísima e extraordinaria colaboración en distintas publicacións bonaerenses, a finais do XIX e comezos do XX, foi recoñecido como “patriarca da caricatura arxentina”. Cómpre ter en conta que na Arxentina abondaban os profesionais do humor gráfico, chegados de … Ler mais

Puntadas sen fío: Do diario de san Valentín

Puntadas sen fío: Do diario de san Valentín por Siro

No álbum de autógrafos que pertencera a unha dama de grande beleza descubriu Marañón un poema amoroso de Menéndez Pelayo, apaixonado coma os de Ovidio e Anacreonte. Despois soubo que, pasados moitos anos da data que figuraba ao pé dos versos, asistira o sabio ao teatro e víraa co marido. O cabelo branco non lle … Ler mais

Puntadas sen fío: Camposantos

Puntadas sen fío: Camposantos por Siro

Levo meses falando coa Morte, tan sabia como amena por anos e vivencias, e aínda que por seguir a tradición a debuxo como un esqueleto envolto en saba negra e con gadaña ao lombo, é tan natural, carnal e actual como calquera de nós. Eu sabíao por Azorín, que a viu e non a recoñeceu. … Ler mais

Puntadas sen fío: Queipo de Llano

Puntadas sen fío: Queipo de Llano por Siro

Azaña dicía del, en 1931: “Es un simple y su frente muy angosta”, “de una ligereza e indiscreción notables”, “lo que hará, sin duda, es proferir necedades, que las produce naturalmente”. Necidade foi enviarlle en 1930 unha carta inxuriosa a José Primo de Rivera, irmán do ditador, chamándolle “cretino”. José Antonio, o irmán Miguel e … Ler mais

Puntadas sen fío: As orellas de Carlos III

Puntadas sen fío: As orellas de Carlos III por Siro

Minutos despois de dar os medios a nova do pasamento da raíña Isabel II, recibín un wasap coa enxeñosa caricatura do futuro Carlos III feita cunha botella de coñac e dúas orellas enormes. As orellas, grandes e de avioneta, acomplexaron ao neno e ao rapaz que Carlos foi, sobre todo cando o pai, o duque … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.