Manuel Fraga Iribarne

Xornalista

Cheguei ao xornalismo no ano 1970, apadriñado por Raimundo García Borobó, que dirixía en Madrid a revista Chan. Borobó presentoume en Chan como humorista gráfico, e desde entón non deixei de exercer como debuxante humorista e caricaturista en distintas publicacións galegas, ata chegar á redacción de La Voz de Galicia, onde me xubilei no 2006.

No decorrer de tantos anos, no xornalismo fixen de todo: humor gráfico, caricatura política, artigo de opinión, entrevista, reportaxe, crítica de arte… Pero en 1970 empecei a facer tamén xornalismo radiofónico, e na radio sigo, como guionista, a día de hoxe. Con guións para uns espazos e como director doutros, fixen xornalismo para a TVG, nos anos oitenta e noventa.

Síntome afortunado por ter vivido desde dentro a época dourada do xornalismo en España, un xornalismo que, lamentablemente, ten pouco que ver co actual.         

Condesa de Romanones por Siro
Letizia por Siro
Almodovar

Siro
xornalista