Enrique San Francisco en Ferrol

Enrique San Francisco por Siro

Cando publiquei na Voz a serie Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín, dediquei un par de artigos a Luis RuizYepes, un home de familia humilde, nado no pobo manchego de Huerta de Valdecarabanos, que viñera traballar a Ferrol na empresa que daquela chamaban A Contrutora. No primeiro artigo contei que casara coa ferrolana Antonia Pérez … Ler mais

O apóstolo Manuel Espiña

Manuel Espiña por Siro López

Apóstolo si. Dunha igrexa galega ideal, inexistente; mais tamén do galeguismo, da cultura galega, do idioma galego, reais pero en perigo de morte. Durante cincoenta anos, des que, ordenado sacerdote, entendeu que se Xesús predicou en arameo -a lingua dos humildes-, tamén el debería facelo en Galicia na lingua do pobo. Fíxoo e creou os … Ler mais

Forges, de necesario a imprescindible

Forges por Siro

«Poderíase entender a España actual sen Forges? Desde logo que si, pero faltaría Forges, que sería unha falta importante». Así empezaba Carlos Casares, en 1973, o artigo da sección Con esta lupa, que os dous faciamos no xornal La Región de Ourense. Hoxe, pasados 45 anos, son incontabeis as testemuñas que ratifican aquela opinión e, aínda máis, afirman … Ler mais

González Collado

González Collado

Pasei o Nadal na serra de Madrid e ao volver entereime do falecemento de González Collado. Sorprendeume porque, aínda que tiña unha idade avanzada -91 anos-, víao tan activo e optimista que non pensaba que podería deixarnos un día calquera. E así foi. Ademais do sentimento de pesar pola desaparición do amigo, quédame a frustración … Ler mais

Vai de humoristas: Fer

José Fernández Fernánder FER por Siro

A José Fernández Fernánder FER, director da revista El Jueves, coñecino no 1979 en Granada, pero non volvera velo ata o pasado día 15, cando asistimos en Monforte á inauguración dunha mostra titulada “O ferrocarril: da viñeta ao cómic”, que deu pé a unha mesa presidida polo alcalde José Tomé e conducida por Fermín Avellaneda, … Ler mais