Recordo risoño de Carlos Casares

Recordo risoño de Carlos Casares por Siro

Carlos Casares escribía de marabilla, pero costáballe poñerse a facelo. Era un chisco preguiceiro e el recoñecíao, mesmo por escrito. Nun dos artigos que publicou en La Voz de Galicia di: “O outro día, para aproveitar estas primeiras calores de marzo, senteime nunha terraza coa intención de beber unha cervexa fresca e practicar durante unha … Ler mais

Castelao ante Picasso

Castelao ante Picasso por Siro

Cando Picasso mostrou o cadro Les demoiselles d’Avignon, que pintara entre os anos 1906 e 1907, provocou abraio e desconcerto mesmo entre os pintores vangardistas de París. Braque comentou: “Quere facernos beber petróleo e comer estopa”. Anos despois crearía con Picasso o cubismo. André Derain, un dos grandes do fauvismo, afirmou: “É a corda coa … Ler mais

Un neno chamado Marc Chagall

Chagall na Coruña A Fundación Barrié trouxo á Coruña unha excelente mostra de gravados de Marc Chagall, que, por mor das medidas contra a pandemia, non puido visitarse a maior parte do tempo programado. Porén, algúns admiradores de Chagall atopámonos varias veces na sala de exposicións a partir do momento en que se abriu ao … Ler mais

“Castelao na arte europea” premiado na Gala do Libro Galego

No ano 2015 anunciei a próxima edición do libro Castelao en el arte europeo, así, en castelán, en tradución do filólogo Alejandro Rodríguez Gómez, porque a Castelao haino que dar a coñecer fóra de Galicia. E editámolo, ou mellor, fixemos unha pequena edición para a campaña de presentación; pero a editoria crebou e a tirada … Ler mais

“Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo” presentación en Madrid

"Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo" presentación en Madrid

O día 26 de abril, ás 19,30 h, presentabamos na Casa de Galicia en Madrid o meu último libro “Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo”. Se digo que me sentín moi honrado de que o presentador fose Darío Villanueva, director da Real Academia Española, non estou a corresponder con cortesía á súa cortesía, … Ler mais

Medicina e humor

medicina y humor

Este conto que eu escoitei hai moitos anos aquí, en Galicia, escoitábao Jardiel Poncela de neno en Quinto del Ebro, Aragón, a terra natal do seu pai, onde el pasou longas tempadas. Ó humor pásalle como á medicina, que chegamos a coñecelos, a gozalos e a aceptalos como propios, aínda que resulte difícil fixar as … Ler mais