Hai que ver moitas viñetas do gran humorista gráfico que foi Julio Cebrián para coñecer, valorar e saborear as excelencias da súa obra. Digo “saborear” porque os miles de viñetas saídas do seu enxeño e da súa man son un menú longo e estreito que cómpre degustar a modo, poñendo atención na presentación e no gusto das viandas, sabiamente cociñadas. Moitos dos que non o coñecen viron algunha vez a reproducidísima portada que no ano 1966 fixo na revista La Codorniz coa caricatura de Fraga portando a flamante “Lei de Prensa” nos brazos. Julio Cebrián ten a honra de ser o primeiro en caricaturizar na prensa española a un ministro de Franco, pero no seu facer de grafista esa popular portada é só unha anécdota. Cebrián foi un debuxante orixinalísimo, expresionista e surrealista a un tempo e creador dun estilo persoal, axeitado ao seu humor entre satírico e tenro.
Entroido, cartel e Papa
Non coñezo a Guitián, autor dos carteis do Entroido coruñés, pero felicítoo por ter unha idea orixinal e realizala con acerto. Facer catro carteis –cartaces en bo galego- para representar a dous cidadáns disfrazados de María Antonieta e Enrique VIII; outros dous de león e cocho, celebrando as festas en paz e harmonía; e outro … Ler mais