retrato_siro

Escritor

Escribo porque non sempre “unha imaxe vale por mil palabras” e a plástica non me permite expresar canto desexo. Pero cando fago narrativa escribo como debuxo: aforrando liñas e palabras. O humor é unha constante na miña obra, e non me sinto cómodo fóra dos seus límites. 

Non son satírico; prefero a comicidade e, moito máis, o humorismo: esa creación que nos divirte e nos conmove ao mesmo tempo. Sigo nesto unha tradición galega con autores de gran talento, cos que me sinto en débeda: Castelao, Julio Camba, Wenceslao Fernández Flórez, Silvio Santiago, Carlos Casares…

O humor, por ser en min unha necesidade vital, e a pintura, pola miña vocación artística, son os temas aos que, desde hai coarenta anos, me adico como ensaista. Estudiar as distintas formas do humor, analizar as claves do humor popular galego e o dos grandes creadores, ocupou gran parte do meu tempo. A outra fóiseme en buscar os antecedentes da caricatura e do debuxo de humor, en estudiar a evolución de ambos xéneros e a obra dos máis importantes debuxantes galegos. O resultado está en artigos, conferencias, ensaios breves e cuatro libros adicados a Cervantes, Castelao e Xosé María Cao.

Siro
escritor