Puntadas sen fío: Do diario de san Valentín

Puntadas sen fío: Do diario de san Valentín por Siro

No álbum de autógrafos que pertencera a unha dama de grande beleza descubriu Marañón un poema amoroso de Menéndez Pelayo, apaixonado coma os de Ovidio e Anacreonte. Despois soubo que, pasados moitos anos da data que figuraba ao pé dos versos, asistira o sabio ao teatro e víraa co marido. O cabelo branco non lle … Ler mais

Puntadas sen fío: Camposantos

Puntadas sen fío: Camposantos por Siro

Levo meses falando coa Morte, tan sabia como amena por anos e vivencias, e aínda que por seguir a tradición a debuxo como un esqueleto envolto en saba negra e con gadaña ao lombo, é tan natural, carnal e actual como calquera de nós. Eu sabíao por Azorín, que a viu e non a recoñeceu. … Ler mais

Puntadas sen fío: Queipo de Llano

Puntadas sen fío: Queipo de Llano por Siro

Azaña dicía del, en 1931: “Es un simple y su frente muy angosta”, “de una ligereza e indiscreción notables”, “lo que hará, sin duda, es proferir necedades, que las produce naturalmente”. Necidade foi enviarlle en 1930 unha carta inxuriosa a José Primo de Rivera, irmán do ditador, chamándolle “cretino”. José Antonio, o irmán Miguel e … Ler mais

Puntadas sen fío: As orellas de Carlos III

Puntadas sen fío: As orellas de Carlos III por Siro

Minutos despois de dar os medios a nova do pasamento da raíña Isabel II, recibín un wasap coa enxeñosa caricatura do futuro Carlos III feita cunha botella de coñac e dúas orellas enormes. As orellas, grandes e de avioneta, acomplexaron ao neno e ao rapaz que Carlos foi, sobre todo cando o pai, o duque … Ler mais

Puntadas sen fío: Murguía en San Amaro

Puntadas sen fío: Murguía en San Amaro por Siro

No cartafol de debuxos de humor que publiquei en 1980 co título Homes e Mulleres estaba “O home que votou polas esquerdas sen saber que era de dereitas”. Entón non podía imaxinar que aquel nacho presentado como unha rareza fose tan común, pero non tardei en comprobalo e hoxe sei que son lexión os afervoados … Ler mais

Recordo risoño de Carlos Casares

Recordo risoño de Carlos Casares por Siro

Carlos Casares escribía de marabilla, pero costáballe poñerse a facelo. Era un chisco preguiceiro e el recoñecíao, mesmo por escrito. Nun dos artigos que publicou en La Voz de Galicia di: “O outro día, para aproveitar estas primeiras calores de marzo, senteime nunha terraza coa intención de beber unha cervexa fresca e practicar durante unha … Ler mais