Puntadas sen fío: A familia Díaz Corral 18 anos despois

Puntadas sen fío: A familia Díaz Corral 18 anos despois por Siro

En 2006 fun pregoeiro das festas de Narón e despois de facer rir ao auditorio sorprendino ao pedir un recordo institucional para a familia Díaz Corral, que durante a Guerra salvara moita xente acochándoa nun zulo que fixeran na casa. Eran heroes dos que os historiadores non falan e pagárono traxicamente cando a Garda Civil, … Ler mais

Puntadas sen fío: Cousas da Semana Santa

Puntadas sen fío: Cousas da Semana Santa por Siro

A primeira saeta que oín cantoulla a señora Tea desde o balcón da casa á Virxe das Angustias, patroa do noso barrio, nunha procesión de Semana Santa. Eu tería cinco ou seis anos e pregunteille a miña nai se a señora Tea cantaba ben e respondeume un “Que vai cantar!” enérxico; pero non era de … Ler mais

Puntadas sen fío: Humor e mala xente

Puntadas sen fío: Humor e mala xente por Siro

Pasei varias horas folleando a espléndida revista Buen Humor, que se editou en Madrid de 1921 a 1931. Quería reler as colaboracións literarias de Manuel Lázaro, un autor que non aparece nos estudos da chamada «A outra xeración do 27», integrada por humoristas como Ramón Gómez de la Serna, Jardiel Poncela, Mihura, Tono, Edgar Neville…, … Ler mais

Puntadas sen fío: Matar con pregarias

Puntadas sen fío: Matar con pregarias por Siro

Cando souben que nun canal de Youtube varios homes de negro xogaban a ser graciosos pensei que poderían ser imitadores de Les Luthiers facendo “La gallina dijo: ¡Eureka!”, que me gusta moito; pero non eran imitadores de Les Luthiers, que eran os sacerdotes da tertulia La Sacristía de La Vendée falando do papa. Un dicía: … Ler mais

Puntadas sen fío: No Día da Muller

Puntadas sen fío: No Día da Muller por Siro

Pode que en todas as civilizacións a muller fose considerada inferior ao home, pero na xudea xa é antes de nacer. No Antigo Testamento (Levítico, Capítulo 12), Yahvé explica a Moisés que cando unha muller dá a luz un varón queda impura sete días e durante corenta non poderá tocar cousa santa nin ir ao … Ler mais

Puntadas sen fío: Ano bisesto

Puntadas sen fío: Ano bisesto por Siro

O proverbio castelán Año bisiesto, año siniestro ten orixe na crenza dos cidadáns do Imperio romano en que a festa da Parentalia, que celebraban en febreiro para honrar os mortos familiares, eran días nefastos nos que ninguén casaba nin viaxaba nin facía negocios. Algunha razón debían de ter porque todos os anos bisestos recentes foron … Ler mais