Xosé María Cao no Museo do Humor de Fene

José María Cao

Hai moitos anos que admiro a Xosé María Cao Luaces, o gran debuxante galego que despois dunha amplísima e extraordinaria colaboración en distintas publicacións bonaerenses, a finais do XIX e comezos do XX, foi recoñecido como “patriarca da caricatura arxentina”. Cómpre ter en conta que na Arxentina abondaban os profesionais do humor gráfico, chegados de … Ler mais

José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina

O pasado día 4 empezou en Compostela a itinerancia por varias cidades galegas da mostra de debuxos de José María Cao Luaces (1862-1918), galego de Santa María de Cervo, que a consellería de Cultura montou coa colaboración do Club de Prensa de Ferrol. A exposición consta de corenta paneis, de gran formato, e presenta traballos … Ler mais

Xaquín Marín

Xaquín Marín
Xaquín Marín

Desde hai cincoenta anos sei que Xaquín Marín é un gran artista. E non falo só do seu extraordinario labor de humorista gráfico, senón tamén do que fixo como cartelista, ilustrador, autor de banda deseñada e pintor. Si, tamén como pintor, incipiente, pero cunha obra espléndida que, lamentablemente, non continuou, polo que Galicia perdeu un gran expresionista. Pinturas expresionistas foron os primeiros cadros que eu vin de Xaquín Marín, na sociedade deportiva e recreativa Bertón, de Caranza; e aquel día convertinme en admirador da súa obra. Pouco despois coñecémonos e iniciamos una relación de amizade que continúa hoxe.

De Marín falei varias veces e expliquei en prólogos e catálogos a razón da miña admiración polo seu traballo. Direina brevísimamente: pola calidade e a orixinalidade de todo o que fai. Cando eu debuxo e pinto, por moi inspirado que estea e por bo que sexa o resultado, sempre teño a sensación de que estou á sombra de Picasso, Matisse, Pascin, Kirchner, Beckmann, Meidner, ou calquera outro dos artistas que admiro. A Xaquín é imposible que lle ocorra eso, porque non se parece a ninguén; porque ten un estilo propio, distinto a todos, único, e –o mellor de todo- creado en plena mocidade, hai cincuenta anos.

Hai algo máis que me parece valiosísimo na obra de Xaquín Marín: a galeguidade da mesma. Cando Castelao dicía na conferencia “Arte e galleguismo” que para sermos universais temos que ser galegos, estaba a dicir una gran verdade que, como case todas as verdades, poucos escoitaron e axiña se esqueceu. Hoxe, cando é imposible recoñecer a obra dun pintor galego, catalán, castelán, francés, xaponés ou norteamericano, o debuxo e a pintura de Xaquín Marín aparecen na mar océano da globalización e do “todo vale” para recordarnos que a arte pode e debe ser outra cousa.

Dixen hai moito tempo que a obra de Marín ten un fortísimo sabor galego, como a bola e a empanada. A bola é románica e a empanada barroca; os debuxos de Marín son tamén creacións do románico e do barroco galegos. Con ese debuxo tan seu e tan galego, Marín converteuse nun creador polivalente que pode abranguer e abrangue todas as formas da plástica, con excelentes resultados sempre.

Ler mais

Xosé Fortes Bouzán no Clube de Prensa de Ferrol

clube prensa de ferrol

O Clube de Prensa de Ferrol organizou o pasado venres, día 14, unha conferencia de Xosé Fortes Bouzán que tratou o tema “A Unión Militar Democrática e os medios de comunicación”. Xosé Fortes Bouzán, é un dos once dirixentes da UMD detidos a finais de xullo de 1975, que serían condenados a durísimas penas en … Ler mais

O meu amigo Xosé Luís Alvite

O meu amigo Xosé Luís Alvite

Se alguén non coñece os artigos xornalísticos de Xosé Luis Alvite, está perdendo a oportunidade de ler a un dos escritores máis dotados para o texto breve. Alvite é como un dos bailaríns de claqué, que el coñeceu nese antro chamado “Savoy”, do que leva anos falando, e que nunca existiu. Un bailarín que nos … Ler mais