Puntadas sen fío: Un Goberno Démijov

Puntadas sen fío: Un Goberno Démijov por Siro

Confiaba en que algúns dos columnistas creadores de opinión que levan dúas lexislaturas censurando os Gobernos Frankenstein de Pedro Sánchez animasen a Pablo Casado a darlle a lección de responsabilidade política que o presidente ególatra, felón, chantaxista e okupa merece e necesita; ofrecendo ao PSOE entrar no goberno de Castela e León, e non depender … Ler mais

Puntadas sen fío: Idioma vehicular e patriotismo

Puntadas sen fío: Idioma vehicular e patriotismo por Siro

A min a expresión idioma vehicular sóame a trampitán, pero conmóveme o berro coral dos patriotas, con todos os acentos da pel de touro, ante a desaparición do español como idioma vehicular na lei de educación da ministra Isabel Celaá: «¡Españoles, nuestro idioma está en peligro. Acudid a salvarlo!». E acudiron Felipe González, Alfonso Guerra, Pablo Casado, Núñez Feijoo… É verdade … Ler mais

Puntadas sen fío: Volver ao centro

Volver ao centro: Alberto Núñez Feijoo y Pablo Casado por Siro

A estas alturas da película xa sabemos que Pablo Casado é, por idade, un home feito e dereito, pero de mentalidade infantil. Un rapazolo sen personalidade, que segue ao santón da súa devoción –San José María Aznar, o da ollada coma brasas que ninguen pode aturar, e que, por certo, desde a noite electoral seica … Ler mais

Puntadas sen fío: Marchando unha de V Centenario!

V Centenario: Albert Rivera, López Obrador y Pablo Casado por Siro

Sospeito que os políticos, comentaristas políticos e creadores de opinión que leron a carta do presidente de México ao rei de España cóntanse cos dedos dunha orella, que diría o Périch, porque só desde o descoñecemento poden entenderse tantas aldraxes á súa persoa. Descoñecemento e mala fe, claro, en procura do sensacionalismo, mesmo do escándalo, … Ler mais

Puntadas sen fío: Formación do Espírito Nocional

Rivera, Casado y Abascal: Formación do Espírito Nocional

O xuíz Marchena, presidente da Sala que xulga os líderes do procés catalán, resolveu unha demanda das defensas para que os acusados declarasen en catalán, autorizándoos a facelo, non con tradución simultánea como pedían -porque só os entenderían quen tivesen auriculares no interior da sala-, pero si coa axuda de intérpretes que traducirían as súas palabras cada … Ler mais

Puntadas sen fío: Noxo da demagoxia

Noxo da demagoxia: Rivera, Pablo Casado, Santiago Abascal y Pedro Sánchez por Siro

É probable que Pedro Sánchez reúna na súa persoa o candor de personaxes literarios universais como os nosos Don Quixote e Sancho, o Cándido de Voltaire, o bo soldado Svejk de Jaroslav Hašek e o Simplicius Simplicissimus de Hans Jakob Christoffel von Grimmelshausen; pero, polo título da novela e a teima do presidente en botarse … Ler mais