Puntadas sen fío: Samuel, Alberto e Ana

Puntadas sen fío: Samuel, Alberto e Ana por Siro

A anécdota recolleuna o escritor Marino Gómez Santos no libro Gregorio Marañón cuenta su vida, editado en 1961. Manuel Azaña, presidente da II República, nomeara Xefe de Protocolo ao seu cuñado Cipriano Rivas Cherif e un xornal deu a noticia cun erro de linotipia: Rivas Cherif era Jefe de Protoculo. Pérez de Ayala contoullo a … Ler mais

A Autonomía galega en caricatura

A Autonomía galega en caricatura por Siro

Un día do ano 1984, Santiago Rey Fernández-Latorre propúxome trocar a Oficina Técnica de Bazán pola redacción de La Voz de Galicia para dedicarme so ao xornalismo, e aceptei. Foi un grandísimo acerto. Juan Ramón Díaz, o director, tivo o outro: “Vas debuxar cada día a caricatura do feito político máis importante na comunidade”. Fíxena … Ler mais

Puntadas sen fío: Idioma vehicular e patriotismo

Puntadas sen fío: Idioma vehicular e patriotismo por Siro

A min a expresión idioma vehicular sóame a trampitán, pero conmóveme o berro coral dos patriotas, con todos os acentos da pel de touro, ante a desaparición do español como idioma vehicular na lei de educación da ministra Isabel Celaá: «¡Españoles, nuestro idioma está en peligro. Acudid a salvarlo!». E acudiron Felipe González, Alfonso Guerra, Pablo Casado, Núñez Feijoo… É verdade … Ler mais

Puntadas sen fío: Volver ao centro

Volver ao centro: Alberto Núñez Feijoo y Pablo Casado por Siro

A estas alturas da película xa sabemos que Pablo Casado é, por idade, un home feito e dereito, pero de mentalidade infantil. Un rapazolo sen personalidade, que segue ao santón da súa devoción –San José María Aznar, o da ollada coma brasas que ninguen pode aturar, e que, por certo, desde a noite electoral seica … Ler mais