A Autonomía galega en caricatura

A Autonomía galega en caricatura por Siro

Un día do ano 1984, Santiago Rey Fernández-Latorre propúxome trocar a Oficina Técnica de Bazán pola redacción de La Voz de Galicia para dedicarme so ao xornalismo, e aceptei. Foi un grandísimo acerto. Juan Ramón Díaz, o director, tivo o outro: “Vas debuxar cada día a caricatura do feito político máis importante na comunidade”. Fíxena … Ler mais

Puntadas sen fío: Fernández Albor

Xerardo Fernández Albor por Siro

Cando falei por primeira vez con Xerardo Fernández Albor, en xullo de 1974, tiven a sensación de coñecelo desde moito antes, porque, malia ser un médico eminente, recoñecido internacionalmente, ante min estaba o home sinxelo, simpático e cordial que tantas veces me describiran Ramón Piñeiro, García-Sabell, Fermín Penzol e Sixto Seco. Aquel día sentímonos vencellados … Ler mais

Puntadas sen fío: O humor en Carlos Casares

Coido que o risco máis importante na personalidade de Carlos Casares era a sensibilidade humorística e nel vexo o humorista total. Podía facer “comicidade” en calquera momento, sobre todo nas sobremesas; e “humorismo”  –esa forma de humor que fai sorrir e emociona- nos máis dos artigos publicados en La Voz de Galicia. Carlos Casares era … Ler mais