Puntadas sen fío: Un Goberno Démijov

Puntadas sen fío: Un Goberno Démijov por Siro

Confiaba en que algúns dos columnistas creadores de opinión que levan dúas lexislaturas censurando os Gobernos Frankenstein de Pedro Sánchez animasen a Pablo Casado a darlle a lección de responsabilidade política que o presidente ególatra, felón, chantaxista e okupa merece e necesita; ofrecendo ao PSOE entrar no goberno de Castela e León, e non depender … Ler mais

Puntadas sen fío: Coronavirus e Pedro Sánchez

Coronavirus e Pedro Sánchez por Siro

Non serei eu quen exima o Goberno das escandalosas meteduras de pata cometidas na crise do coronavirus, pero quero subliñar as peculiaridades dalgunhas críticas que nada teñen que ver con elas. A primeira recibina na longuísima mensaxe de WhatsApp dun médico que, por imperativo moral, quere informar á poboación da gravidade da pandemia «porque los … Ler mais

Puntadas sen fío: Un abrazo no Congreso

Un abrazo no Congreso por Siro

O abrazo máis conmovedor de cantos levo vistos na gran pantalla é o de Anouk Aimée e Jean Louis Trintilgant na película Un hombre y una mujer, de Claude Lelouch, estreada en España en 1966. Velos daquela, mozos e guapos, entrelazados, esfarelándose de amor un día invernal, nunha praia cuberta de brétemas, mentres soaban as … Ler mais

Puntadas sen fío: Pedro Sánchez e as bicefalias

Puntadas sen fío: Pedro Sánchez e as bicefalias por Siro

Na entrevista de Antonio García Ferreras a Pedro Sánchez na Sexta, o presidente en funcións afirmou que de aceptar as condicións de Unidas Podemos teriamos un Goberno abocado á crise, que se produciría aquela mesma noite, despois que o líder de En Comú Podem e Ada Colau anunciasen mobilizacións en Barcelona se a sentencia do … Ler mais

Puntadas sen fío: Noxo da demagoxia

Noxo da demagoxia: Rivera, Pablo Casado, Santiago Abascal y Pedro Sánchez por Siro

É probable que Pedro Sánchez reúna na súa persoa o candor de personaxes literarios universais como os nosos Don Quixote e Sancho, o Cándido de Voltaire, o bo soldado Svejk de Jaroslav Hašek e o Simplicius Simplicissimus de Hans Jakob Christoffel von Grimmelshausen; pero, polo título da novela e a teima do presidente en botarse … Ler mais

Puntadas sen fío: Franco sobrevoa a Almudena

Franco_sobrevoa_a_Almudena por Siro

As máis das achegas novedosas que o politólogo Maquiavelo ofreceu aos Príncipes do Renacemento, son sabenzas que veñen de serie nos políticos actuais. Ningún ignora que a política non ten relación coa moral; que nunca faltan razóns para romper a promesa feita; que non paga a pena gañar pola forza o que se pode gañar … Ler mais