Puntadas sen fío: A Revolución Pensionista

A Revolución Pensionista por Siro

Poucos días despois de proclamarse a Segunda República atopáronse en Madrid os escritores Julio Camba e Josep Pla. O catalán acudira á capital para exercer de xornalista e o galego coa esperanza de obter unha embaixada. Non a conseguiu e, cando volveron encontrarse, Camba, amoucado e enrabechado, augurou o fracaso da República por confiar en … Ler mais

Doazón de tres retratos ao Museo Provincial de Lugo

Doazón de tres retratos ao Museo Provincial de Lugo por Siro

En setembro de 2017 fixen no Museo Provincial de Lugo unha exposición retrospectiva de debuxo e pintura, comisariada por Fernando Arribas, para dar a coñecer a miña creación plástica fóra da caricatura e do debuxo de humor, xéneros máis coñecidos despois de exercer no xornalismo gráfico case medio século. Lugo é unha cidade á que … Ler mais

Puntadas sen fío: O urinario de Duchamp e Arco

O urinario de Duchamp e Arco por Siro

No ano 2004, cincocentos expertos, críticos e artistas consultados pola Galería Tate de Londres consideraron o urinario de Marcel Duchamp a obra máis influínte nas artes plásticas do século XX. Os manuais de arte contemporánea informan de que Duchamp presentou o urinario, co título de A fonte e o pseudónimo R. Mutt, á mostra organizada en 1917 … Ler mais

Forges, de necesario a imprescindible

Forges por Siro

«Poderíase entender a España actual sen Forges? Desde logo que si, pero faltaría Forges, que sería unha falta importante». Así empezaba Carlos Casares, en 1973, o artigo da sección Con esta lupa, que os dous faciamos no xornal La Región de Ourense. Hoxe, pasados 45 anos, son incontabeis as testemuñas que ratifican aquela opinión e, aínda máis, afirman … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.