Cando o debuxante Pepe Carreiro publicou na Voz unha viñeta cun cáliz, unha patena e un cigarro puro, o bispo de Santiago, monseñor Rouco Varela, escribiu ao director dicindo que nunca se queixara das imaxes críticas que no xornal se deran del e da xerarquía eclesiástica, pero naquela ocasión debía facelo porque a viñeta se mofaba dun dogma e fería a sensibilidade dos católicos. Era certo. Eu publicara varias caricaturas de Rouco Varela ridiculizando o seu afán de protagonismo no Xacobeo 93, cando un día e outro reclamaba «¡Espiritualidad!», ata que Fraga se fartou de oílo e recordoulle, enerxicamente, o de «dar ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus».
Antes, en 1986, fixera eu unha edición non venal dun cartafol que titulei In saecula saeculorum amen e que teño pola sátira máis feroz realizada en España contra o Vaticano. Nunha lámina de esa publicación, os corvos expulsan da basílica de San Pedro á pomba do Espírito Santo; noutra, mentres o Nazareno imparte o sermón da montaña, o papa e os bispos dormen e roncan; noutra máis o papa e varios cardeais fan a foto de familia baixo un Cristo crucificado e protéxense con grandes paraugas do sangue que cae sobre eles… É un humor cruel, impío, que desagradaría a moitos católicos; pero absolutamente respectuoso co Nazareno e alleo ás procacidades das publicacións anticlericais do XIX, Ademais -dato importante- eu paguei cos meus cartos a edición.
No ano 2017, o bispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, protestou contra un cartel do Entroido coruñés no que un choqueiro disfrazado de papa bebía do cáliz e ía piripi. Non tiña razón. O choqueiro non era o papa e non había ofensa. Este ano, monseñor Julián Barrio séntese doído polo pregón do Entroido en Compostela e sóbranlle motivos. Chamar «puta» á Virxe do Pilar e suxerir que fixo unha felación ao apóstolo Santiago, ten que agraviar, ofender ou anoxar aos crentes católicos. ¡Anóxame a min, que non son…!
Quen defende ao pregoeiro alude ás licencias do humor carnavalesco e á liberdade de expresión. Non coñezo precedentes de pregóns que na vez de aldraxar ás autoridades eclesiásticas vaian contra as súas crenzas; e menos dun xeito tan procaz. Ese mérito cómprelle a este pregoeiro. En canto á liberdade de expresión, non serei eu quen negue o dereito a facer humor obsceno contra a fe católica, sempre que se faga sen engano. Créese unha asociación hostil ao catolicismo, chámese, poño por caso, «¡Me cago nos pololos de San Cucufate!» e, nun lugar privado fáganse os pregóns que lles pete para quen guste deles e os pague. Nun lugar público, cos cartos dos composteláns católicos e non católicos, non.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Strictly Necessary Cookies
Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
3rd Party Cookies
This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.
Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!