Puntadas sen fío: Piedrahita, Dolina e Wenceslao

Luis Piedrahita, Wenceslao Fernández Florez, Alejandro Dolina por Siro

O primeiro Encontro Mundial de Humorismo, organizado e dirixido polo cómico Luis Piedrahita, celebrouse con grande éxito a pasada semana na Coruña e homenaxeou o arxentino Alejandro Dolina, un xenio do humor. Eu homenaxeárao quince anos antes, cando escribín a comedia Hai que confiar na esperanza, ambientada no Buenos Aires de fins do XIX, e creei … Ler mais

Puntadas sen fío: Castelao, Antón Fraguas e eu

Castelao, Fraguas e Siro

En 1975 conmemorouse o vinte e cinco cabodano de Castelao con incontábeis publicacións e actos culturais en toda Galicia. Foi unha gran celebración colectiva, na que a contribución cidadá sería hoxe inimaxinable. En Ferrol houbo unha mesa redonda na que participamos Antonio Fraguas, Ramón Piñeiro e eu. Fraguas tiña 70 anos, pero aparentaba máis, porque quería aparentar máis; tamén … Ler mais

Riscos: Antón Fraguas

Antonio Fraguas por Siro

O Día das Letras Galegas dedícase este ano ao etnógrafo Antón Fraguas Fraguas, figura relevante na cultura galega e persoa queridísima pola súa bonhomía. No ano 1997 entrvisteino e caricaturiceino para a sección Riscos, que eu facía semanalmente en La Voz de Galicia. Coido que a conversa e a caricatura permiten coñecer a rica personalidade … Ler mais

“Castelao na arte europea” premiado na Gala do Libro Galego

libro castelao e1491168794894

No ano 2015 anunciei a próxima edición do libro Castelao en el arte europeo, así, en castelán, en tradución do filólogo Alejandro Rodríguez Gómez, porque a Castelao haino que dar a coñecer fóra de Galicia. E editámolo, ou mellor, fixemos unha pequena edición para a campaña de presentación; pero a editoria crebou e a tirada … Ler mais

Puntadas sen fío: Volver ao centro

Volver ao centro: Alberto Núñez Feijoo y Pablo Casado por Siro

A estas alturas da película xa sabemos que Pablo Casado é, por idade, un home feito e dereito, pero de mentalidade infantil. Un rapazolo sen personalidade, que segue ao santón da súa devoción –San José María Aznar, o da ollada coma brasas que ninguen pode aturar, e que, por certo, desde a noite electoral seica … Ler mais

Puntadas sen fío: Covardías

Covardías por Siro

A semana das eleccións empezou mal para o PP porque o día 25 a corporación municipal de Ferrol decidía, a proposta do BNG, retirar a Fraga o título de Fillo Adoptivo que se lle concedera en 1965, cando era ministro de Información e Turismo. Eu non digo que Fraga merecese tal distinción e por deixarnos … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.