Puntadas sen fío: Wenceslao esquecido

Puntadas sen fío: Wenceslao esquecido por Siro

O próximo centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán está a celebrarse desde hai meses; o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal deixounos libros espléndidos; a Rosalía de Castro homenaxeámola cada 24 de febreiro; de Wenceslao Fernández Flórez, nado o 11 deste mes, en 1885; lembrámonos raras veces e sempre con actos minoritarios. Por que … Ler mais

Puntadas sen fío: Piedrahita, Dolina e Wenceslao

Luis Piedrahita, Wenceslao Fernández Florez, Alejandro Dolina por Siro

O primeiro Encontro Mundial de Humorismo, organizado e dirixido polo cómico Luis Piedrahita, celebrouse con grande éxito a pasada semana na Coruña e homenaxeou o arxentino Alejandro Dolina, un xenio do humor. Eu homenaxeárao quince anos antes, cando escribín a comedia Hai que confiar na esperanza, ambientada no Buenos Aires de fins do XIX, e creei … Ler mais

A risa que molesta. Por Siro

 

siro_charlie_hebdo_3Ser humorista non debería ser unha profesión de risco porque quen fai rir, faise querer. Sen embargo esta afirmación só é válida para o autor cómico, que busca a risa pola risa e divirte con alardes de enxeño en temas que non molestan a ninguén. Non se pode dicir o mesmo do autor satírico, que procura a risa do público coa ridiculización de alguén ou de algo socialmente relevantes. Por eso nas dictaduras non se permite a sátira política, e nas democracias sempre hai alguén que quixera prohibila.

 O fanatismo relixioso

Ao fanático relixioso moléstalle a risa. Os fanáticos relixiosos non rin porque o Deus bíblico non é un Deus amable, senón un Deus terrible e temible. No xudaísmo Xeová é temido, e tamén o cristianismo se viviu moito tempo máis no temor de Deus que no amor a Deus. En O nome da rosa o monxe bibliotecario, Jorge de Burgos, mata a cantos teñen acceso ao Libro da risa, o segundo da Poética de Aristóteles, porque o home que ri síntese libre e deixa de temer a Deus.

Profesión de risco en España

Por eso, en contra do que poidese parecer, a de humorista foi sempre e en todas partes, mesmo en España, unha profesión de risco.

Don Francesillo de Zúñiga, bufón de Carlos V, autor de Crónica burlesca del emperador Carlos V, foi asasinado por orde dalgún noble molesto coas súas chanzas.

Quevedo coñeceu e sufriu os cárceres da Inquisición pola súa “indecencia del discurrir, la libertad del satirizar, la impiedad del sentir, y la irreverencia del tratar las cosas soberanas y sagradas”.

Ler mais

Praza do Humor de A Coruña

plaza del humor a coruna

No ano 1990 proxectei a Praza do Humor de A coruña, un recinto urbano que ven ser unha homenaxe aos grandes humoristas do mundo, desde Galicia e en galego. Ubicada na antiga Praza dos ovos, ante o mercado de San Agustín, a poucos metros da Praza de María Pita, consta dun piso de mármore branco, … Ler mais

Sobre Siro escritor

Escribo porque non sempre “unha imaxe vale por mil palabras” e a plástica non me permite expresar canto desexo. Pero cando fago narrativa escribo como debuxo: aforrando liñas e palabras. O humor é unha constante na miña obra, e non me sinto cómodo fóra dos seus límites. Non son satírico; prefero a comicidade e, moito … Ler mais