Puntadas sen fío: Ser ou non ser

Puntadas sen fío: Ser ou non ser por Siro

Ana Pontón compareceu o pasado luns ante os medios de comunicación, leda como un axóuxere polo espectacular aumento de votos do BNG, e dixo que se sentía con máis ganas, máis forza e máis azos que nunca para enfrontarse ao futuro político. Non é para menos. Certo que non tivo votos abondo para ser a … Ler mais

Puntadas sen fío: Eleccións

Puntadas sen fío: Eleccións por Siro

As primeiras eleccións que recordo en España son as municipais de 1954, cando tiña once anos. E non as de Ferrol, nas que, como estaba previsto, saiu o alcalde posto a dedo en 1950, senón as de Madrid, onde se produciu un pucheirazoescandaloso do que me informou meu irmán, vinteún anos maior ca min e … Ler mais

Puntadas sen fío: Do diario de san Valentín

Puntadas sen fío: Do diario de san Valentín por Siro

No álbum de autógrafos que pertencera a unha dama de grande beleza descubriu Marañón un poema amoroso de Menéndez Pelayo, apaixonado coma os de Ovidio e Anacreonte. Despois soubo que, pasados moitos anos da data que figuraba ao pé dos versos, asistira o sabio ao teatro e víraa co marido. O cabelo branco non lle … Ler mais

Puntadas sen fío: Camposantos

Puntadas sen fío: Camposantos por Siro

Levo meses falando coa Morte, tan sabia como amena por anos e vivencias, e aínda que por seguir a tradición a debuxo como un esqueleto envolto en saba negra e con gadaña ao lombo, é tan natural, carnal e actual como calquera de nós. Eu sabíao por Azorín, que a viu e non a recoñeceu. … Ler mais

Puntadas sen fío: Queipo de Llano

Puntadas sen fío: Queipo de Llano por Siro

Azaña dicía del, en 1931: “Es un simple y su frente muy angosta”, “de una ligereza e indiscreción notables”, “lo que hará, sin duda, es proferir necedades, que las produce naturalmente”. Necidade foi enviarlle en 1930 unha carta inxuriosa a José Primo de Rivera, irmán do ditador, chamándolle “cretino”. José Antonio, o irmán Miguel e … Ler mais