Imáxes da Transición: Ás portas da OTAN e do Mercado Común

Leopoldo Calvo Sotelo foi un presidente culto, políglota, coñecedor de Europa e de vocación europeísta. Tamén, malia o rostro inexpresivo e arrogante, foi home dun humor satírico, presente nas súas memorias. Recoñece nelas a inxenuidade dos primeiros Gobernos da Monarquía, nos que el estivera, convencidos de que Europa acollería cos brazos abertos a España descarriada … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín. Artigos

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín é o primeiro verso dunha canción que as rondallas ferrolás popularizaron in ille tempore e que todos os cidadáns da miña idade entoamos a coro en cada ocasión de exaltación da amizade, ás que eramos proclives. Por iso o tomei como título dunha serie de artigos ilustrados, na que quixen contar … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Punto final

Se tivese que responder a pregunta de cales foron os traballos máis gratificantes no meu facer de xornalista, citaría o programa radiofónico “Corre Carmela que chove”, o curso de galego “¿Imos aló?” para a TVG, o conxunto da caricatura política como debuxante, e esta sección “Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín” na escrita. Foi un … Ler mais

José Couso na nosa memoria, sempre

Jose Couso por Siro

Hai cincoenta anos o meu profesor de francés, un home chamado Arsenio Espilla; un republicán que, por selo, pasara varios anos no cárcere de A Coruña, púxome nas mans un poema de Paul Elouard que eu non coñecía. Cando empecei a lelo en voz alta nin sequera entendía o significado de todas as palabras… Sur … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: O ambiente na Oficina Técnica de Bazán

oficina_tecnica_bazan

Aprobado o ingreso en deliñación, íamos destinados a calquera das catro oficinas técnicas existentes: Proxectos, Casco, Electricidade e Maquinaria. Eu fun á de Maquinaria e mentres aprendía o oficio, día a día, co proxectista Antonio Nogueira, profesor excelente e boísima persoa, cun fantástico sentido do humor, asistín durante tres anos aos cursos de formación que … Ler mais