Imáxes da Transición: Ás portas da OTAN e do Mercado Común

Leopoldo Calvo Sotelo foi un presidente culto, políglota, coñecedor de Europa e de vocación europeísta. Tamén, malia o rostro inexpresivo e arrogante, foi home dun humor satírico, presente nas súas memorias. Recoñece nelas a inxenuidade dos primeiros Gobernos da Monarquía, nos que el estivera, convencidos de que Europa acollería cos brazos abertos a España descarriada que volvía á democracia: “Naturalmente no fue así; la comunidad internacional, que es todo menos evangélica, después de quemar un incienso retórico en honor de la nueva democracia española, mostraría pronto el rostro feo de los intereses y de los egoísmos nacionales”.

Esa mesma inxenuidade era a da oposición, que chegou a esixir en compensación á nosa adhesión á OTAN a devolución de Xibraltar. Calvo Sotelo describe a situación real: “En la OTAN y en la CE pesaba más la incomodidad del ajuste necesario para hacernos un hueco que la ventaja de ampliar, con nuestra presencia, el recinto común”.

Á porta do Mercado Común chamara Suárez en 1977, á da OTAN Calvo Sotelo en 1981. O PSOE fixo campaña co eslogan “OTAN, de entrada no”, pero a historia quixo que fose o Goberno de Felipe González o que traspasara ambas. 

Deixa un comentario