Puntadas sen fío: L´estaca de Lluis Llach

L´astaca-de-Lluis-Llach-por-Siro

  A comezos dos anos setenta un grupo de amigos xuntabámonos as noites dos sábados na miña casa, en Ferrol,  para cear unhas tortillas entre bromas e risas e emocionarnos despois coas gravacións duns extraordinarios rapsodas arxentinos –home e muller- que recitaban a Neruda en “España en el corazón”. A sesión poética remataba co estarrecedor … Ler mais

Puntadas sen fío: Miguel Mihura

Miguel-Mihura-por Siro

Cúmprense hoxe 40 anos do pasamento de Miguel Mihura, quen, co seu facer de humorista gráfico e literario na prensa, no teatro e no cine, protagonizou gran parte do século XX español. Era malencarado, roñón, algo misántropo, ademais de pequeno e coxo; pero tiña enxeño humorístico e éxito coas mulleres. Co enxeño facía burlas da … Ler mais

Puntadas sen fío: Delincuentes e patriotas

delincuentes-e-patriotas

Din ben Alfonso Guerra e os que, coma el, recordaron estes días que os feixismos viñeron da man dos nacionalismos. Din ben, pero deben aclarar que foi “dos nacionalismos de Estado”, non dos nacionalismos das comunidades sen estado propio. O nazismo naceu do nacionalismo alemán, o feixismo do nacionalismo italiano, e o falanxismo do nacionalismo … Ler mais

Vai de humoristas: Fer

José Fernández Fernánder FER por Siro

A José Fernández Fernánder FER, director da revista El Jueves, coñecino no 1979 en Granada, pero non volvera velo ata o pasado día 15, cando asistimos en Monforte á inauguración dunha mostra titulada “O ferrocarril: da viñeta ao cómic”, que deu pé a unha mesa presidida polo alcalde José Tomé e conducida por Fermín Avellaneda, … Ler mais

Vai de humoristas: A arte diabólica de Xaquín Marín

Xaquín-Marín por Siro

É curioso que a facilidade para a creación artística non se vexa como un don da divinidade, senón como algo diabólico. Mesmo nos músicos, malia termos as expresións “música celestial” e “tocar coma os anxos”, ante intérpretes xeniais como Niccoló Paganini e Giuseppe Tartini, foi crenza xeral que fixeran un pauto co demo. A Platón … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.