Vai de humoristas: Fer

José Fernández Fernánder FER por Siro
José Fernández Fernánder FER por Siro

A José Fernández Fernánder FER, director da revista El Jueves, coñecino no 1979 en Granada, pero non volvera velo ata o pasado día 15, cando asistimos en Monforte á inauguración dunha mostra titulada “O ferrocarril: da viñeta ao cómic”, que deu pé a unha mesa presidida polo alcalde José Tomé e conducida por Fermín Avellaneda, presidente da Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril, na que participamos nós os dous e os escritores Miguel López e Alfonso.

Foi unha divertida viaxe nun tren imaxinario, na que FER demostrou que os problemas de saúde non afectan o seu excelente humor e que pode narrar os momentos estelares da humanidade de xeito hilarante. Miguel e Alfonso ilustraron, co seu saber de investigadores do ferrocarril, á audiencia que ateigaba o salón de actos do Centro do Viño, e eu dixen varias cousas:

 

 

 

 

 

As vellas estacións

A espléndida arquitectura de antigas estacións de ferrocarril de grandes cidades fixo que, ao quedar fóra de servizo, se convertesen en centros de arte. É o caso da estación de Orsay, en París, que acolle o Museo dos Impresionistas, e a Hamburger Bahnhof , estación de Berlín, hoxe Museo da Arte Contemporánea.

Museo-d´Orsay-en-París
Museo d´Orsay en París
Estación-Hamburger-Bahnhof-en-Berlín
Estación Hamburger Bahnhof en Berlín

 

 

 

 

 

 

 

 

En España non temos esas conversións tan espectaculares, pero a maxia que o tren da nosa infancia ten para os homes e mulleres da miña xeración -e tamén para persoas máis novas- explica o interese actual en utilizar as vellas estacións como pequenos hoteis

En Galicia non temos estacións de ferrocarril funcionando como casas rurais, pero temos a transformación máis orixinal que poidamos imaxinar: a estación de Baños de Molgas, en Ourense, convertida no Museo Moncho Borrajo. E nesa estación-museo hai moitas viñetas porque Moncho Borrajo, además de extraordinario cómico nos escenarios, é un estupendo viñetista, que recentemente viu recollida a súa obra na Escolma citada.

Hotel rural
Hotel rural
Museo Moncho Borrajo
Museo Moncho Borrajo

 

 

 

 

 

 

 

Viñetas sobre o tren

Nunca, en 47 anos de exercicio do humor gráfico, fixen unha viñeta sobre o tren; pero podería facelas porque motivos de inspiración teño.

Por exemplo, o poema co que Curros Enríquez saúda a chegada a Ourense da primeira locomotora:

Velaí ven, velaí ven avantando
comaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!
Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.
Velaí ven, velaí ven tan oupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.
Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!

Eu podería facer a caricatura de Curros dando a benvida ao progreso, representado por esa locomotora. Por certo, aquel día Curros estaba moi lonxe de saber que sería pai e avó de ferroviarios.

Curros Enríquez co tren por Siro
Curros Enríquez co tren por Siro

 O anticlericalismo de Curros

O anticlericalismo de Curros faise evidente nos últimos catro versos do poema citado:

Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!
Ese anticlericalismo manifestaríao no seu primeiro libro Aires da Miña terra, que lle valeu a excomunión do bispo de Ourense. E, sobre todo, no poema satírico O Divino Sainete.

 

O Divino Sainete
O Divino Sainete
O Divino Sainete 

O título O Divino Sainete lévanos á Divina Comedia de Dante, na que se inspira. No seu poema, Dante, guiado por Virxilio, percorre os círculos do Inferno, o Purgatorio e el so -porque Virxilio, ao ser pagán non pode- tamén o Ceo. Curros, co poeta Francisco Añón como guía, percorre o Tren dos Sete Pecados Capitais, que viaxa a Roma no Xubileo de 1887, no que o Papa León XIII celebrou os 50 anos da súa ordenación sacerdotal.

Pois o que Curros viu nese tren debuxeino eu hai 40 anos. Velaí as imaxes:

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”2″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_thumbnails” override_thumbnail_settings=”0″ thumbnail_width=”240″ thumbnail_height=”160″ thumbnail_crop=”1″ images_per_page=”20″ number_of_columns=”0″ ajax_pagination=”0″ show_all_in_lightbox=”0″ use_imagebrowser_effect=”0″ show_slideshow_link=”1″ slideshow_link_text=”[Mostrar presentación de diapositivas]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”63″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_thumbnails” override_thumbnail_settings=”0″ thumbnail_width=”240″ thumbnail_height=”160″ thumbnail_crop=”1″ images_per_page=”20″ number_of_columns=”0″ ajax_pagination=”0″ show_all_in_lightbox=”0″ use_imagebrowser_effect=”0″ show_slideshow_link=”1″ slideshow_link_text=”[Mostrar presentación de diapositivas]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

1 comentario en “Vai de humoristas: Fer”

Deixa un comentario