Puntadas sen fío: Monseñor Cañizares e o demo

Puntadas sen fío: Monseñor Cañizares e o demo por Siro

En recente homilía, monseñor Cañizares, bispo de Valencia, rexeitou a  investigación dunha vacina contra o coronavirus porque –dixo- se está a facer con células de fetos abortados. Tan arrepiado estaba, que rematou cunha sentenza terrible: “Estos actos son obra del diablo”. Seica monseñor Cañizares está mal informado e non se usan células de fetos abortados … Ler mais

Puntadas sen fío: Negros

Puntadas sen fío: Negros por Siro

En Sevilla, no século XVI, os negros libertos e os escravos autorizados polos amos participaban con profunda fe cristiá nas procesións do Corpus, como membros de cofradías creadas para eles por bispos da diócese; e cada ano eran recibidos por gran parte dos asistentes con aldraxes, asubíos e “burlas de boca”. En febrero de 2006, … Ler mais

Puntadas sen fío: Okupas

Puntadas sen fio: Okupas por Siro

Tiña vinteoito  anos cando rematei de pagar a hipoteca dun pequeno piso nas aforas de Ferrol e aquel día sentín que podía morrer tranquilo porque non deixaría a familia desvalida. Un piso en propiedade foi a maior arela da miña xeración, de aí que me angurie o drama das familias que perden a vivenda por … Ler mais

Puntadas sen fío: Fame

Puntadas sen fío: Fame por Siro

Ao saber que nunha feira de arte alguén pagou 120.000 dólares por un plátano pegado á parede con cinta de electricista, pensei que  aquela transación era un disparate e unha inmoralidade; e recordei os gravados e debuxos da alemana Käthe Kollwitz, cos que representou a fame no seu país despois da derrota na Primeira Guerra … Ler mais

Puntadas sen fío: Día dos Museos

Puntadas sen fío: Día dos Museos por Siro

Poucas veces será certo o aforismo “non hai mal que por ben non veña”, que repetimos como unha letanía ante calquera contrariedade; máis como consolo que por convición. Tampouco sería certo se o dixeramos da celebración, o luns, día 18, do Día Internacional dos Museos, a porta pecha; aínda que o bo facer dos responsábeis … Ler mais

Puntadas sen fío: Outro Carballo Calero

Puntadas sen fío: Outro Carballo Calero por Siro

Ricardo Carballo Calero naceu en Ferrol, en 1910, e desde mozo foi profeta na súa terra. Precoz como poeta, conferenciante e activista político, a cidade recoñeceu a súa intelixencia e formación cultural nada comúns, e máis tarde o labor docente que exerceu, en condicións penosas, ao saír do cárcere, en 1941. Confírmano os varios autores … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.