Vai de humoristas: A arte diabólica de Xaquín Marín

Xaquín-Marín por Siro

É curioso que a facilidade para a creación artística non se vexa como un don da divinidade, senón como algo diabólico. Mesmo nos músicos, malia termos as expresións “música celestial” e “tocar coma os anxos”, ante intérpretes xeniais como Niccoló Paganini e Giuseppe Tartini, foi crenza xeral que fixeran un pauto co demo. A Platón … Ler mais

Vai de humoristas: Moncho Borrajo

Non lembro cando, nin como coñecín a Moncho Borrajo, pero a nosa amizade pode superar os corenta anos, o que me permite facer unha afirmación sobre o ser humano que se acocha baixo o actor cómico de tantos e tan extraordinarios talentos: é home tenro, agradecido e leal amigo. Vémonos pouco, tan pouco que cando … Ler mais

Xaquín Campo Freire

Xaquín Campo Freire

Boas tardes. Cando Cunqueiro estaba xa moi maliño de saúde, fómolo visitar Carlos Casares e eu. O home andaba algo melancólico, pero díxonos que tiña intención de escribir un diccionario de anxos, porque coñecía arredor de 300 polo nome e a biografía dos máis deles. –“Por certo –dixo- que un é de Lugo”. -“¿Como que … Ler mais

Casares e eu, “fiat lux”

Casares dia das letras galegas 2017

No ano 1972 fíxenlle a Carlos Casares unha pequena caricatura que foi celebrada por el e por cantos a viron. Curiosamente, malia o tempo decorrido, esa primeira caricatura segue a ser preferida a outras que lle fixen posteriormente; de aí que cando a consellería de Cultura me chamou para dicirme que querían reproducila na placa … Ler mais

Dúas semblanzas do Comandante

Unha é miña, o retrato-caricatura ou caricatura-retrato que lle fixen, hai ben anos, para ilustrar algún comentario publicado en La Voz de Galicia.  A outra, a que vale, é a de Francisco Javier Bobillo de la Peña –Paco Bobillo, para os que o recordamos militando no PSP de Tierno Galbán, de quen foi secretario-, hoxe … Ler mais

O hermano Amadeo

Cando eu o coñecín xa non era o “hermano Amadeo”, profesor das Escuelas de las Instituciones de Beneficencia y Previsión de la Sociedad Española de Construcciones Navales, que os ferroláns, por abreviar e citalas con maior precisión, chamabamos a Escola Obreira. Secularizárase despois dun enfrontamento sin solución posible cos superiores e pasou a ser “don … Ler mais