Imáxes da Transición: O aceite de colza

ministro de Sanidad Jesús Sancho Rof

A colza é unha planta da familia das brasicáceas que se cultiva para extraer un aceite que, despois dun proceso de refinamento, se usa en varios países na alimentación. En España só pode utilizarse con fins industrais, polo que debe levar un colorante que o identifique. Na primavera de 1981produciuse unha intoxicación masiva que afectou a máis de 20.000 persoas e causou a morte a varios centos. Despois de seis anos de investigación xudicial, o Tribunal Supremo considerou probado que o aceite de colza importado de Francia para uso industrial fora desviado de forma fraudulenta ao consumo humano e condenou a 13 persoas a penas de prisión, que ían de seis meses a vinte anos.

A enfermidade chamouse inicialmente Neumonía atípica porque os síntomas eran semellantes aos dalgunhas neumonías. Non se pensou que poidese ser tan grave e o ministro de Sanidade, Jesús Sancho Rof, declarou que o axente infeccioso era “un bichito que si se caía de la mesa al suelo, se mataba”.

Deixa un comentario