Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: González-Llanos

González-Llanos

Do enxeñeiro e empresario José María González-Llanos Caruncho está dito case todo; do home, case nada. Nin sequera hai fotos súas nos arquivos fotográficos dos xornais, que debeu de ser pouco dado ao protagonismo. Nos límites deste artigo tentarei achegarme algo á faciana máis humana deste ferrolán, nado en 1899, casado con Ignacia Galvache Cerón, … Ler mais

Presentación de Plácida Mirada, de Ponte FarPresentación de Plácida Mirada, de Ponte Far

Ferrol Presentacion Placida mirada

Ferrol Presentacion Placida mirada
Presentación do libro Plácida Mirada, de Ponte Far

José Antonio Ponte Far -Pepe Pontre- presentó el pasado 13 de diciembre su libro “Plácida mirada” en el salón de actos de la UNED en Ferrol. Estuvo acompañado por Carlos Agulló -subdirector de La Voz de Galicia y delegado en Ferrol-; el también periodista Germán Castro; el pintor, escritor y humorista Siro y el máximo responsable de Ediciones Ézaro, Alejandro Diéguez.

Intervención de Siro disponible en contenidos en galego.

 

Ferrol Presentacion Placida mirada
Presentación do libro Plácida Mirada, de Ponte Far

José Antonio Ponte Far -Pepe Pontre- presentou o pasado 13 de nadal o seu libro “Plácida mirada” no salón de actos da UNED en Ferrol. Estivo acompañado por Carlos Agulló -subdirector de La Voz de Galicia e delegado en Ferrol-; o tamén xornalista Germán Castro; o pintor, escritor e humorista Siro e o máximo responsable de Ediciones Ézaro, Alejandro Diéguez.

Texto da intervención de Siro:

Plácida mirada

Pepe Ponte e eu tratámonos dende hai moitos anos, pero a nosa relación foi superficial ata que coincidimos na organización da homenaxe a Luis Mera, o que nos permitiu convivir máis e coñecernos mellor. A noite da homenaxe, da fermosísima homenaxe a Luis Mera, despois de rematado o acto e cando a emoción compartida creaba un ambiente cordial e extraordinariamente agradable entre mesas con pinchos e viños, Pepe Ponte achegóusenos a Germán Castro e a min, cunha copa na man, e díxonos: “Téñovos que dicir que a preparación desta homenaxe fixo que vos coñecese mellor, e agora sinto que vos quero máis”. A verdade é que eu sentía o mesmo, e estou certo de que tamén Man, e Ana Romero e Patiña, que esto ten algunha xente excepcional como Ramón Piñeiro e Luis Mera, que crean afectos arredor dunha mesa camilla ou baixo dunha figueira.

Esa debeu de ser a razón pola que Ponte Far me invitou a participar na presentación deste terceiro libro de artigos publicados na Voz, que titulou “Plácida mirada“; pero, sexa esta ou calquera outra, eu síntome agradecido e honrado pola distinción que me fai. Debo dicir que se Ponte Far lese aquí o espléndido prólogo que lle fixo Luis Landero, e a reflexión que el mesmo fai sobre o porqué dos artigos recollidos neste terceiro libro, Carlos Agulló, Man Castro, o editor e eu estariamos de máis nesta mesa. Sobrariamos todos.

Ler mais

Serie Letras Galegas

medalla castelao por siro y ferreiro badia e1499458782155

No ano 1990 empecei unha colaboración, que se mantén a día de hoxe, co escultor Manuel Ferreiro Badía, premio “Tomás Francisco Prieto” da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, en 1984, e membro da Fédération Internationale de la Médailles d’Art e da American Numismatic Association. Sobre deseños meus, Ferreiro Badía modelou a serie Letras Galegas, … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.