Serie Letras Galegas

No ano 1990 empecei unha colaboración, que se mantén a día de hoxe, co escultor Manuel Ferreiro Badía, premio “Tomás Francisco Prieto” da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, en 1984, e membro da Fédération Internationale de la Médailles d’Art e da American Numismatic Association.

Sobre deseños meus, Ferreiro Badía modelou a serie Letras Galegas, adicada aos escritores homenaxeados cada 17 de maio o Día das Letras Galegas, desde o ao 1963. Actualmente a colección consta de 50 medallas elaboradas en prata fina. Os modelos orixinais en poliéster, expóñense no Parlamento Galego, en Santiago de Compostela.

No Ano Xacobeo 1993 presentamos a serie Camiño de Santiago, composta por tres medallas, tamén de prata fina.

Deixa un comentario