Puntadas sen fío: Franco sobrevoa a Almudena

Franco_sobrevoa_a_Almudena por Siro

As máis das achegas novedosas que o politólogo Maquiavelo ofreceu aos Príncipes do Renacemento, son sabenzas que veñen de serie nos políticos actuais. Ningún ignora que a política non ten relación coa moral; que nunca faltan razóns para romper a promesa feita; que non paga a pena gañar pola forza o que se pode gañar … Ler mais

Puntadas sen fío: Polas almas dos nosos defuntos

Polas almas dos nosos defuntos por Siro

Hai anos debuxei unha serie de viñetas de humor macabro protagonizadas pola Morte, que representei como un esqueleto branquísimo envolto en túnica negra e cunha gran pamela negra, adoviada con flores tamén negras. Na man dereita levaba a gadaña de segar vidas, con mango negro e coitela curva, de aceiro brillante. Nunha viñeta dirixíase aos … Ler mais

Puntadas sen fío: La Voz de Galicia miente

Xulio Ferreiro por Siro

Así, en castelán, proclámao un pequeno pasquín impreso en papel, que hai un ano apareceu pegado en paredes e columnas do alumeado na Coruña e varias pintadas, en letras grandes e grosas, que repiten a acusación no chan de distintos paseos. A denuncia, anónima, non di en que mente o xornal; pero ata un paspán … Ler mais

O Camiño á Constitución nas caricaturas de Siro

O Camiño á Constitución nas caricaturas de Siro

O pasado 20 de setembro inauguramos na Coruña a exposición «O camiño á Constitución nas caricaturas de Siro», organizada pola Deputación coruñesa para conmemorar os 40 anos da súa entrada en vigor. A mostra, de 117 viñetas con cadanseu texto, publicadas no xornal La Voz de Galicia na serie Imaxes da Transición, está recollida nun catálogo que, … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.