Praza do Humor de A Coruña

plaza del humor a coruna
Álvaro Cunquiero, detalle de la Plaza del Humor de A Coruña

No ano 1990 proxectei a Praza do Humor de A coruña, un recinto urbano que ven ser unha homenaxe aos grandes humoristas do mundo, desde Galicia e en galego. Ubicada na antiga Praza dos ovos, ante o mercado de San Agustín, a poucos metros da Praza de María Pita, consta dun piso de mármore branco, en dous niveis.

No superior hai dous bancos de granito coas figuras de Castelao e Cunqueiro, e o que ía ser un teatro de títeres, que funciona como churrería. No inferior están, sobre pedestais de granito, os bustos de Vicente Risco, Wenceslao Fernández Flórez e Julio Camba, ademais de A Fonte do Gatipedro.

O Gatipedro é unha invención de Álvaro Cunqueiro, que o describe como un gato que ten un pequeo corno na fronte polo que verte un chorro de agua cantareira. O Gatipedro entra pola noite nas habitacións dos nenos, e ao botar o chorro de auga os nenos soñan que mexan, e mexan na cama.

O chan de mármore, en ambos niveis, é como un enorme papel no que debuxei os grandes humoristas gráficos e literarios de todos os tempos e todas as nacionalidades, a carón de inolvidabeis cómicos do cine e de personaxes de historietas. Da realización da obra encargáronse os escultores Manuel Ferreiro Badía, Francisco Escudero, Ramón Conde e, sobre todo, Xosé Castiñeiras, que, ademais do banco de Cunqueiro, fixo imperecedeiros os debuxos no mármore.

Deixa un comentario