Puntadas sen fío: Os ollos de María Victoria Moreno

María Victoria Moreno por Siro

Que os ollos son ventás da alma sabémolo ben os caricaturistas porque cando conseguimos apreixar e esaxerar a súa expresión temos feito o esencial da caricatura. Claro que se poden facer caricaturas sen ollos, mesmo debuxar o modelo de costas; pero non falo da caricatura que é un reflexo do modelo, senón da gran caricatura … Ler mais

Puntadas sen fío: Xaquín Marín

Xaquín-Marín por Siro

A Editorial Galaxia publicou o libro Xaquín Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego, que recolle o esencial da tese de doutoramento que o investigador Félix Caballero fixo sobre o gran debuxante ferrolán. É curioso que a facilidade para a creación artística non se vexa como un don da divindade, senón como algo diabólico. Xa Platón dicía … Ler mais

Puntadas sen fío: Memoria histórica

memoria historica red min

O goberno de A Coruña acordou retirar a vidreira da entrada no Pazo Municipal porque nela figura o escudo preconstitucional. Xa en 2009 se debatera a conveniencia de quitala en cumprimento da Lei da Memoria Histórica, creada dous anos antes, pero a comisión de expertos consultada polo concello non chegou a un acordo e decidiuse … Ler mais

Puntadas sen fío: Ada Colau e o almirante Cervera

Ada Colau e o almirante Cervera por Siro

“El que té boca, s´equivoca” podería dicir Ada Colau, a alcaldesa de Barcelona, despois de meter as patorras, as dúas, ata o pescozo, ao quitar unha rúa ao almirante Cervera para darlla ao cómico Pepe Rubianes e declarar que a este lle gustaría “que o seu amado público se reunise e quitase o nome a … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.