O Camiño á Constitución nas caricaturas de Siro

O Camiño á Constitución nas caricaturas de SiroO pasado 20 de setembro inauguramos na Coruña a exposición «O camiño á Constitución nas caricaturas de Siro», organizada pola Deputación coruñesa para conmemorar os 40 anos da súa entrada en vigor. A mostra, de 117 viñetas con cadanseu texto, publicadas no xornal La Voz de Galicia na serie Imaxes da Transición, está recollida nun catálogo que, ademais da presentación do presidente Valentín González Formoso, leva prólogos de dous amigos: o xornalista Fernando Ónega e o historiador Justo Beramendi.

 

 

Itinerancia da exposición

  • Cee ( Casa da Cultura. Do 10 ao 28 de outubro);
  • Ribeira (Centro Cultural Lustres Rivas, do 8 ao 25 de novembro);
  • Santiago de Compostela (USC, do 29 de novembro ao 16 de decembro);
  • Carballo (Casa da Cultura, do 17 de xaneiro ao 3 de febreiro);
  • Ferrol (Centro Torrente Ballester, do 7 ao 24 de febreiro).

 

Deixa un comentario

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.