Imáxes da Transición: A UCD esfarélase

La UCD se desintegra

Nos primeiros meses Calvo Sotelo conseguiu elevar o nivel de aceptación da UCD do 26%, que tiña con Suárez, a un esperanzador 40%. As derrotas electorais en Galicia e Andalucía trocaron o signo da tendencia e a aceptación da opinión pública volveu baixar. Ademais a imaxe de Calvo Sotelo foise percibindo como a dun home á dereita de Suárez, sobre todo cando no outono de 1981forzou a dimisión do director xeral de RTV, Fernando Castedo, e sustituiuno por Carlos Robles Piquer. O certo é que Rodríguez Sahagún levaba tempo pedíndolle o cese de Castedo, a quen acusaba de favorecer ao PSOE e de poñer na dirección de RNE a Eduardo Sotillos, militante deste partido. A elección de Robles Piquer foi desafortunada e en xullo de 1982, só nove meses despois da designación, o presidente do Goberno pediulle a dimisión. Días antes tivera que comparecer ante unha comisión do Congreso pola emisión do programa El golpe a la turca, que algúns entenderon como apoloxía do terrorismo.

As diferencias de criterio respecto ás leis do divorcio, das televisións privadas e da autonomía universitaria provocaron as desercións na UCD, que pasou de 168 deputados a 151. Calvo Sotelo convocou eleccións.

Deixa un comentario

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.