Puntadas sen fío: Nicolás Maduro e os humoristas

Nicolás Maduro e os humoristas por Siro

Nas democracias europeas, políticos e humoristas soen manter relación cordial, mesmo cando o humorista non é ecuánime e fai política partidista. Os espazos humorísticos en prensa, radio, televisión e teatro, por críticos e satíricos que sexan, dan popularidade ao político que os protagoniza, e a popularidade é o seu caldo de cultivo; de aí o … Ler mais

Puntadas sen fío: Carmena e Errejón

Manuela Carmena e Iñigo Errejón por Siro

Sempre sentín respecto por Manuela Carmena e despois de ler o libro Cristina, Manuela y Paca, sobre a contribución de tres avogadas amigas -Cristina Almeida, Manuela Carmena e Paca Sauquillo- á Transición e á xustiza social, ratifiqueino. Coido que respecto a Manuela Carmena máis que Pablo Iglesias, encirrado en sacala da alcaldía de Madrid para … Ler mais

Puntadas sen fío: Villarejo e Cía.

José Manuel Villarejo por Siro

Agora o excomisario Villarejo acóchase detrás dun portafolios, pero en 1981, cando só era inspector, participou a cara descoberta no programa Esta noche, presentado por unha candorosa Carmen Maura que, con dozura no ollar, surrir e dicir, levaba aos fogares a convición de que unha España ilusionada, impoluta e feliz estaba a nacer en democracia. … Ler mais

Puntadas sen fío: Inocente, inocente

Inocente, inocente por Siro

Está na tradición xornalística embromar aos lectores o 28 de Nadal, festividade dos Santos Inocentes, con informacións disparatadas e divertidas, como a que se deu, en 1907, sobre o roubo dun dos enormes leóns de bronce do Congreso, ou as que se difundiron, en 2017, da recuperación medioambiental do río Manzanares, no que xa brincaban … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.