Que é unha cookie?
Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se almacena no seu navegador cando visita unha páxina web. Serve para que a web poida lembrar información en visitas posteriores. As cookies utilízanse desde hai máis de 30 anos, desde os primeiros navegadores da World Wide Web.
Que información almacena unha cookie?
As cookies non adoitan almacenar información sensible, como tarxetas de crédito, datos bancarios, fotografías ou o seu DNI. Os datos que gardan son de carácter técnico, preferencias ou identificadores. Unha cookie está ligada ao seu navegador, non a vostede como persoa: se visita a mesma web con outro navegador, a web non saberá que se trata da mesma persoa. Aínda así, algunhas cookies, como as de analítica, gardan un identificador que permite distinguir o seu navegador doutros, e por iso a lei esixe o seu consentimento.
Que tipos de cookies existen?
- Cookies técnicas: son as imprescindibles para que a web funcione, para protexela (por exemplo, fronte ao spam nun formulario) ou para lembrar unha elección do usuario, como o idioma ou a súa resposta ao aviso de cookies.
- Cookies de análise: recollen información sobre como se usa a web (páxinas visitadas, franxa horaria, idioma, etc.) para elaborar estatísticas.
- Cookies publicitarias: mostran publicidade en función da súa navegación. Esta web non as utiliza.
Que son as cookies propias e as de terceiros?
As cookies propias son as que xera a páxina que está a visitar, e as de terceiros, as que xeran servizos externos. Nesta web, o único terceiro que instala cookies é Google: con reCAPTCHA (nas páxinas co formulario de contacto) e con Google Analytics (só se o acepta). O detalle está na Política de cookies.
Que ocorre se desactivo as cookies?
Nesta web, practicamente nada cambia para vostede:
- Se rexeita as cookies de analítica, poderá ver todo o contido igual; só deixaremos de recoller estatísticas de visitas.
- Se bloquea todas as cookies no seu navegador, a web non poderá lembrar a súa elección nin o idioma en que navega, e mostraralle o aviso de cookies en cada visita.
- Se bloquea as cookies de terceiros, é posible que o formulario de contacto non se poida enviar (reCAPTCHA necesítaas para comprobar que non é un envío automático). Nese caso, pode escribir directamente a info@siroartista.com.
Pódense eliminar as cookies?
Si. Non só eliminalas: tamén bloquealas, de forma xeral ou só para un dominio concreto. Nesta web pode cambiar a súa elección en calquera momento desde os axustes de cookies, que tamén atopará ao pé de cada páxina. Ademais, desde a configuración do seu navegador pode buscar as cookies dun dominio e eliminalas.
Configuración de cookies nos navegadores máis populares
Todos os navegadores permiten ver, bloquear e eliminar as cookies. Os pasos poden variar lixeiramente segundo a versión do navegador; en cada caso deixámoslle a ruta e a guía oficial:
- Google Chrome (ordenador e Android): menú ⋮ > Configuración > Privacidade e seguridade. Para borralas, Eliminar datos de navegación. Guía de Google.
- Mozilla Firefox: menú ☰ > Axustes > Privacidade e seguridade > Cookies e datos do sitio. Guía de Mozilla (en castelán).
- Microsoft Edge: menú … > Configuración > Privacidade, busca e servizos (ou Cookies e permisos do sitio). Guía de Microsoft (en castelán).
- Safari en Mac: Safari > Axustes > Privacidade > Xestionar datos do sitio web. Guía de Apple (en castelán).
- Safari en iPhone e iPad: Axustes > Safari > Borrar historial e datos de sitios web; para bloqueralas, Axustes > Safari > Avanzado. Guía de Apple (en castelán).