Aviso legal e política de privacidade

Titularidade

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, informámolo de que o sitio web siroartista.es, dedicado á obra do artista e escritor Siro, pertence a Lucía López, en diante «a persoa titular», cuxo correo de contacto é info@siroartista.com. O uso do sitio web réxese polas condicións que se detallan nesta páxina. O uso de cookies explícase na Política de cookies.

Obxecto

Quen accede a este sitio web asume o papel de usuario e comprométese a respectar estas condicións e calquera outra disposición legal que sexa de aplicación. A persoa titular resérvase o dereito a modificar a información do sitio web, incluídas estas condicións, sen necesidade de aviso previo; os cambios serán efectivos desde a súa publicación no sitio web.

Responsabilidade

A persoa titular non se fai responsable dos contidos doutros sitios web aos que se acceda desde siroartista.es mediante ligazóns, nin das opinións que os usuarios publiquen nos comentarios, aínda que se reserva o dereito a non publicar ou retirar os que sexan ofensivos, ilícitos ou alleos ao contido. Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. Con todo, non se pode garantir a inexistencia de erros no acceso á web, nos seus contidos nin na súa actualización, aínda que se porán todos os medios ao alcance para evitalos e corrixilos canto antes en canto se teña coñecemento deles.

Protección de datos

Responsable do tratamento: Lucía López, info@siroartista.com.

Datos que se tratan. Este sitio web non ten tenda nin rexistro de usuarios. Só se tratan datos persoais nestes casos:

  • Se escribe a través do formulario de contacto ou a info@siroartista.com: os datos que nos facilite (nome, apelidos, correo electrónico e o que inclúa na súa mensaxe) úsanse unicamente para responderlle. O formulario non garda as mensaxes na web: envíaas por correo electrónico a info@siroartista.com. A base legal é atender a súa propia solicitude. Consérvanse o tempo necesario para atender a súa consulta e, despois, mentres poidan derivarse responsabilidades dela.
  • Protección do formulario contra o spam: o formulario de contacto, que está na páxina de inicio e na de contacto, usa Google reCAPTCHA para distinguir as persoas dos programas automáticos. reCAPTCHA cárgase nas páxinas que conteñen o formulario e recolle datos técnicos do seu navegador e da súa interacción coa páxina (como o enderezo IP). A base legal é o interese lexítimo da persoa titular en protexer o formulario fronte ao spam e os abusos.
  • Se publica un comentario: gárdanse o nome, o correo electrónico e a web (opcional) que indique, o texto do comentario, a data, o seu enderezo IP e os datos do seu navegador. Publícanse o nome, a web, se a indica, e o comentario; o correo electrónico nunca se publica. A IP e os datos do navegador úsanse para detectar o spam con Antispam Bee, que funciona na propia web sen enviar datos a terceiros. A base legal é o seu consentimento ao enviar o comentario. Os comentarios consérvanse mentres estean publicados; pode pedir en calquera momento que se borre o seu escribindo a info@siroartista.com.
  • Se acepta as cookies de analítica: Google Analytics 4 recolle datos de navegación para elaborar estatísticas agregadas de visitas. A base legal é o seu consentimento, que pode retirar en calquera momento desde os axustes de cookies. O detalle está na Política de cookies.

Destinatarios. Os datos non se ceden a terceiros, agás obriga legal. Si teñen acceso a eles, só para prestar o seu servizo e por conta da persoa titular, estes provedores técnicos: Raiola Networks (aloxamento da web), IONOS (aloxamento do correo electrónico) e Google (reCAPTCHA e, se acepta as cookies de analítica, Google Analytics). Se reproduce o vídeo de Vimeo inserido na entrada de felicitación de Nadal, Vimeo tratará os datos desa reprodución segundo a súa política de privacidade.

Transferencias internacionais. Os datos tratados por Google poden tratarse en servidores situados nos Estados Unidos. Google LLC está adherida ao Marco de Privacidade de Datos UE-EE. UU. (EU-U.S. Data Privacy Framework), que a Comisión Europea recoñece como garantía dun nivel de protección axeitado.

Os seus dereitos. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo a info@siroartista.com, tamén respecto dos datos de Google Analytics e reCAPTCHA. Se considera que non se respectaron, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies técnicas propias para lembrar a súa elección no aviso de cookies e o idioma en que navega, a cookie de seguridade de Google reCAPTCHA nas páxinas co formulario de contacto e, só se o acepta, cookies de Google Analytics 4 para elaborar estatísticas de visitas. Pode cambiar a súa elección en calquera momento desde os axustes de cookies. Atopará o detalle na Política de cookies e máis información sobre como xestionalas en Máis información sobre as cookies.

Política antispam

A persoa titular está en contra do envío de comunicacións comerciais non solicitadas («spam») e non utilizará os datos de contacto que reciba para enviar publicidade.

Aloxamento de datos

O sitio web siroartista.es está aloxado nos servidores da empresa Raiola Networks, e o correo electrónico info@siroartista.com, nos da empresa IONOS.

Google Analytics

Google Analytics 4 é un servizo de analítica web prestado por Google Ireland Limited (política de privacidade), que actúa como encargado do tratamento. siroartista.es utilízao, só se o acepta no aviso de cookies, para obter estatísticas agregadas de uso da web (número de visitas, páxinas máis vistas, etc.). Segundo Google, Google Analytics 4 non rexistra nin almacena enderezos IP. Pode retirar o seu consentimento en calquera momento desde os axustes de cookies, sen que iso afecte ao funcionamento da web.

Propiedade intelectual e uso dos contidos

O sitio web siroartista.es, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os debuxos, pinturas, textos, fotografías, vídeos, deseños e logotipos, son propiedade dos seus autores, e a súa publicación nesta web conta coa súa autorización. Calquera reprodución ou uso non autorizado previamente considerarase un incumprimento dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial dos seus autores. Os contidos alleos que puidesen aparecer no sitio web pertencen aos seus respectivos propietarios. Para solicitar autorización, comunicar calquera posible incumprimento dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, ou facer calquera observación sobre os contidos do sitio web, pode escribir a info@siroartista.com.

Lei aplicable e xurisdición

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou coas actividades nel desenvolvidas será de aplicación a lexislación española.

Última actualización: 18 de novembro de 2026.

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies técnicas para lembrar a súa elección sobre as cookies e o idioma en que navega e, só se o acepta, cookies de Google Analytics para elaborar estatísticas agregadas de visitas (cantas persoas visitan a web e que páxinas ven).

Nas páxinas co formulario de contacto, Google reCAPTCHA protéxeo fronte ao spam.

Pode consultar a política de privacidade e a política de cookies.