Puntadas sen fío: Marchando unha de V Centenario!

V Centenario: Albert Rivera, López Obrador y Pablo Casado por Siro

Sospeito que os políticos, comentaristas políticos e creadores de opinión que leron a carta do presidente de México ao rei de España cóntanse cos dedos dunha orella, que diría o Périch, porque só desde o descoñecemento poden entenderse tantas aldraxes á súa persoa. Descoñecemento e mala fe, claro, en procura do sensacionalismo, mesmo do escándalo, … Ler mais

Puntadas sen fío: Un conto de Cervantes

Un conto de Cervantes por Siro

Cando o Instituto Galego de Estatística anunciou, en 2011, que nos últimos dez anos baixaran os falantes monolingües en Galicia –moito os galegofalantes e un pouquiño os castelánfalantes-, eu vin positiva aquela tendencia ao bilingüismo en ambos grupos porque entendo que o dominio dos dous idiomas, o bilingüismo perfecto, debe ser a nosa meta ideal. … Ler mais

Puntadas sen fío: Diferentes, Jesús Vidal

Diferentes: Jesús Vidal e Xosé por Siro

A Jesús Vidal, premio Goya ao actor revelación pola intervención na película Campeones, que gañou tamén o corazón dos españois cun emotivo discurso ao recollelo, non lle gusta a palabra “discapacidade” aplicada ás carencias de persoas coma el e os seus compañeiros de rodaxe: “Yo prefiero hablar de diferencia porque, simplemente, las personas con discapacidad … Ler mais

Puntadas sen fío: Gila

Gila por Siro

O pasado día 12 foi o centenario do nacemento de Miguel Gila e os medios de comunicación recordaron as viñetas humorísticas que fixo para as revistas La Codorniz e Hermano Lobo e os monólogos que, teléfono en man, ofreceu nos escenarios de España e Hispanoamérica primeiro, e nos platós de televisión despois. Coma o dos … Ler mais

Puntadas sen fío: Teta!

Puntadas sen fío: Teta por Siro

Despois das primeiras eleccións democráticas publiquei unha viñeta na que un home de mediana idade, pequeno, calvo e con tirantes aparecía compunxido nunha saliña chea de mobles, lámpadas, reloxos, cadros, plantas, alfombras, cortinas e figuriñas de Sargadelos. O pé dicía: «O home que votou polas esquerdas sen saber que era de dereitas». Reflectía a situación … Ler mais

Puntadas sen fío: O xuíz Marchena e o humor

O xuiz Marchena e o humor por Siro

Pepa Fernández, directora e condutora do programa No es un día cualquiera, de Radio Nacional, acordou o pasado ano celebrar cada 23F con F de Forges, falecido o 22, e no primeiro cabodano invitoume a participar con Peridis, Nieves Concostrina e Andrés Aberasturi, nunha conversa sobre a antropoloxía do humor. Xa metidos en fariña, alguén comentou, e … Ler mais