Puntadas sen fío: Indultos e problema catalán

Puntadas sen fío: Indultos e problema catalán por Siro
Puntadas sen fío: Indultos e problema catalán por Siro

Vale, xa me enterei. Pedro Sánchez é un cantamañás que hai tres anos acusaba aos dirixentes independentistas cataláns de cometer un delito de rebelión, estaba polo cumprimento íntegro das penas que lles caesen no procése prometía traer a Puigdemont polas orellas; e agora, para seguir na Moncloa, o moi cabrón cuestiona a sentencia do Tribunal Supremo que os condenou a anos de cárcere; proclama que España e os españois temos un problema político con Catalunya e quere resolvelo cos indultos.

Eu tardo en entender porque penso en tres direccións, pero despois de oír a socialistas egrexios como Felipe e Guerra; aos líderes dos partidos da oposición e, sobre todo, despois de ler centos de artigos de ilustres columnistas; entendino e téñoo clarísimo: O Govern e o Parlament de Catalunya vulneraron a legalidade e o Goberno de España actuou como debía, aplicando o artigo 155 da Constitución. Os delitos dos dirixentes independentistas foron tan graves, que o fiscal xeral do Estado os acusou de “rebelión”, o mesmiño que a Tejero.

E aí estaba eu gozando da paz interior que dá coñecer as cousas importantes, cando o trasno burlón  que me persegue desde neno bisbiseoume na orella: -E que din en Europa? Amoloume, porque xa cando o xuiz Llarena pediu a Bélxica e Alemania a detención e entrega de Puigdemont, a Xustiza belga respondeulle que o entregaría para que fose xulgado por delitos de malversación e desobediencia, non por rebelión; porque non vía motivos. A alemana foi aínda máis categórica: “no ámbito democrático europeo, a folla de ruta dos independentistas cataláns non pode equipararse cun delito de rebelión”. Llarena colleu un rebote e retirou a orde de detención.

Non houbo condena por rebelión, senón por sedición, que é menos grave. Pois aínda asi, a Comisión Internacional de Xuristas, con sede en Xenebra, formada por 60 xuristas de todos os países do mundo, descualificouna e recordou a España as súas obrigas respecto ao dereito internacional. Home, eu sei que Martín Pallín, maxistrado emérito da Sala do Penal do Tribunal Supremo, di que a imputación foi un acto de  “prepotencia xudicial propio de épocas autoritarias e vedado polo noso sistema democrático”; e que para Javier Pérez Royo, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Sevilla, a sentencia do procés é unha monstruosidade xurídica, que pon a Xustiza española ao nivel das de Rusia, Hungría ou Turquía; pero esas son cousas da roxería. O grave é que o Consello de Europa vai debater en Asemblea Parlamentaria, o día 21, un informe do Comité de Dereitos Humanos no que se di que os independentistas cataláns foron condenados por expresar ideas políticas e avógase pola súa excarceración. Peor é que o informe vai ser aprobado e os condenados, indemnizados polo Estado.

Que diremos, entón, os convocantes do acto na praza de Colón, os columnistas que esgotaron os descualificativos contra os golpistas cataláns e o Pedro Sánchez vendepatrias, os persuadidos por eles? O meu trasno, que é gran imitador de voces, leva días mareándome co mesmo retrouso: “Españoles, las agresiones que sufrimos del mundo exterior son conspiraciones político sociales tendentes a destruir la unidad de la patria. Nos honran y les envilecen”. Igual vale.

¿Te gustó este artículo? Compártelo

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email

1 comentario en “Puntadas sen fío: Indultos e problema catalán”

  1. E ademais mi trasna, me dice que Europa que es vieja y ruin ha dicho, yo a éstos con tanto ruido no les suelto ni un eurito, y entonces botín y los obispos siempre atentos a los cepillos, han dado un giro, y la burguesía catalana ha bailado la sardana y ha dicho, amiguitos, la pela es la pela y por la pela, nos dejamos de banderas, hasta que nos la gastemos entera, mi trasna que es muy quevediana porque me llamó Rosalía pero nací en Guadalajara y ahora como buena gallega de adopción me toca emigrar a Canarias, me ha dicho que poderoso caballero es don dinero, da igual en bitcoins en pesetas que en euros, que ya se encarga el de todos los arreglos

    Responder

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies