Imáxes da Transición: España, Francia e o Mercado Común

Giscard dÉstaing se opone a España
Giscard dÉstaing y Leopoldo Calvo Sotelo
 

Calvo Sotelo publicou as súas memorias de presidente do Goberno e aproveitounas para comentar criticamente actuacións e actitudes dos protagonistas da Transición política española, fosen da oposición ou do seu propio partido; e fíxoo as máis das veces con humor, contando anécdotas divertidas para o lector, pero que deixan ao protagonista en mala situación.

Nótaselle especialmente doído con Fraga e adícalle algunhas das páxinas máis ácidas, nas que reflicte o seu peculiar carácter con textos que son verdadeiras caricaturas. Pero o personaxe que esperta as súas fobias é o presidente Giscard dÉstaing, a quen responsabiliza de non colaborar na detención dos terroristas de ETA refuxiados en Francia e de poner todos os atrancos posíbeis ao ingreso de España no Mercado Común: “La actitud oficial de Francia respecto a la adhesión de España colgaba de las posiciones personales de Giscard”.

Non llo perdoou e nas memorias describeo como un home tan soberbio, que na visita a España en 1978, invitado polo Goberno para gañar o seu apoio, pretendeu que se lle concedese o Toisón de Ouro e entrar no Congreso pola Porta dos Leóns, que só se abre no comezo de cada lexislatura para dar paso ao Rei.

¿Te gustó este artículo? Compártelo

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies