Conversa con SIRO. Pedro Taboada (2017, Siro, Deputación da Coruña)
-Sen embargo levas anos mergullado nunha obra gráfica e pictórica que nada ten co humor.
-Si, cando me xubilei, no 2006, fíxeno porque estaba enfermo, pero tamén porque quería escribir varios libros e facer varias exposicións. Libros, publiquei dous –Castelao en el arte europeo e Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo-; e exposicións fixen tres: unha dedicada a Picasso, no 2006; outra a Valle-Inclán, no 2007; e outra a Ramón Piñeiro, no 2009.
-¿Podes explicar as características de cada unha?
-A que titulei Desde Picasso, formada por 35 óleos, témperas e acuarelas, ten dúas partes: a dos debuxos e pinturas nas que recoñezo a influencia de Picasso, e a dos retratos que eu fixen a Picasso coa mesma liberdade que el tivo ao retratar os seus modelos.
A de Valle-Inclán tituleina Retratos, caricaturas e visións porque ten retratos, moi libres, pero realistas, feitos a partir de fotografías; caricaturas, de estilos moi diferentes, pero elaboradas coa técnica da caricatura; e outros
debuxos e pinturas, que non son retratos, nin caricaturas, senón fantasías que imaxino ou vexo cando penso en Valle cos ollos pechos. Son 37 obras, variadísimas en estilos e tamén en técnicas porque o personaxe é fonte inagotable de inspiración.
A de Piñeiro tituleina Ramón Piñeiro na lembranza e foi un intento de reflectir en 32 retratos e 7 caricaturas, feitos con gouaches, tinta, pasteis e ceras, a bonhomía, a intelixencia, a xenerosidade e a heroicidade moral daquel home a quen tanto quixen e admirei. Foi unha experiencia irrepetible porque cada cadro era un encontro con Piñeiro na súa mesa
camilla. Víao ante min, tan vivo, que só tiña que preocuparme de facer os riscos máis audaces e máis estéticos, porque o parecido conseguiríao sempre.
Nas tres exposicións hai debuxos feitos cunha técnica que veño utilizando desde hai anos e que supón a culminación do meu facer coa liña. Substituín a prumiña polo pincel e a tinta china polas témperas. Os retratos, os espidos femininos e as paisaxes, todos de grandes dimensións, feitos con liñas de cores, tracexadas co pincel, penso que son os meus maiores logros. Non sei canto tempo poderei seguir usando esta técnica, que esixe habelencia na
man e confianza no cerebro; pero de momento sigo con ela.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.
Estas cookies son:
Sesión de usuario.
Comentarios.
Seguridade.
Aceptación de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Isto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Cookies de analítica
Esta web utiliza Google Analytics para recompilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.
Por favor, activa primeiro as cookies estritamente necesarias para que poidamos gardar as túas preferencias!