Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Amor en Amboaxe

mor en Amboaxe

Chamábase Mariconchi e era a nena máis linda que eu vira nos meus dez anos de vida. De pel branca como a Brancaneves do conto, ollos grandes e inquedos, boca debuxadiña e fresca, de dentes perfectos, que falaba e ría sempre… Estouna vendo co pelo claro e longo, recollido en “cola de cabalo”; altiña, lanzal, … Ler mais

Riscos: Rosalía Mera

Rosalía Mera por Siro

No ano 1997 empecei a publicar en La Voz de Galicia, con periodicidade semanal, unha serie de entrevistas a galegos e galegas coñecidos pola súa actividade profesional (Riscos). Unha das varias mulleres entrevistadas foi Rosalía Mera, recentemente falecida de forma inesperada. Foi unha conversa moi cordial, realizada na Fundación Paideia, coa que eu colaborar dende … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: O escarapote

O escarapote, Ferrol

O meu amigo Ángel debeu de ser o home máis serio que coñecín, e, ao dicir “serio”, refírome a que nos vinte anos que o tratei, a diario, en Bazán, onde traballaba de administrativo, nin o vin rir, nin souben que fixese un traballo “daquela maneira”, para saír do paso. En Ángel a perfección non … Ler mais

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Alzheimer

Alzheimer

De todas as enfermidades senís, da que máis se fala hoxe é da chamada Alzheimer; pero este é un nome que coñecemos recentemente, e antes, cando os vellos perdían a memoria e a razón, diciamos: “a avoíña está chocha”  ou  “o avó toleou”. Quizais o primeiro caso de Alzheimer que coñecín –aínda que non o … Ler mais