Puntadas sen fío: O meu primeiro Quixote

Puntadas sen fío: O meu primeiro Quixote por Siro

O pasado día 1, Xesús Alonso Montero contou no artigo Confinados co Quixote que varias persoas lle preguntaron polo libro máis axeitado para os rapaces neste tempo de confinamento e a súa resposta foi sempre rotunda: o Quixote. Tamén recordou que Ramón Suárez Picallo en Sada e Santiago Álvarez en Valdeorras eran, de nenos, devotos … Ler mais

Puntadas sen fío: Aquel 1 de maio

Puntadas sen fío: Aquel 1 de maio por Siro

Aos 14 anos entrei de aprendiz na factoría de Bazán en Ferrol, cun cento longo de rapaces da miña idade. A xornada laboral tiñámola repartida en horas de clases teóricas nas escolas e prácticas nos talleres, pero a primeira pasabámola no ximnasio, onde, ademais dos exercicios da táboa sueca creada por Henrik Ling no século … Ler mais

Puntadas sen fío: Humor en tempo de virus

Humor en tempo de virus por Siro

Cando o coronavirus era so unha ameaza recibín un wasap de Luis Piedrahita, que dicía: “Si van varios en un ascensor, todos prefieren que a alguien se le escape un pedo que una tos”. Días despois, coas primeiras infeccións, Moncho Borrajo envioume outro, igualmente ocurrente, pero máis crítico: “Estráñame que os políticos se contaxien. Non … Ler mais

Puntadas sen fío: Aplausos

Puntadas sen fío: Aplausos por Siro

Cando baixei do bus coas bolsas do supermercado eran as oito da tarde e as ventás das casas, na praza dos Castros, estaban cheas de xente que aplaudía e facía soar distintos instrumentos en proba de gratitude ao persoal sanitario que nos defende do coronavirus. A vivencia era nova para min, que habito un piso … Ler mais

Puntadas sen fío: Cabrona morte

Xosé Luis Franco Grande e Dositeo Rodríguezpor Siro

Desde mozo entendín a morte como parte da vida e seguindo a tradición galega convertina en protagonista de narracións, viñetas e conferencias humorísticas, como a que lin na asemblea da Asociación Española do Corazón, en A Coruña, no 2002, coa que os cardiólogos riron moito. Si, durante décadas leveime ben coa morte, bromeei con ela … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.