Imáxes da Transición: Primeiras Eleccións Autonómicas en Galicia

Primeras Elecciones Autonómicas en Galicia de 1981
Francisco Vázquez, Gerardo Fernández Albor, José Quiroga
 

As primeiras eleccións ao Parlamento Galego celebráronse o 20 de octubro de 1981, co temor de todos os partidos participantes á abstención. De pouco valeron as mensaxes que animaban a votar porque só un de cada catro galegos acudiron ás urnas e a abstención acadou o 57,3%, a máis alta nunhas eleccións autonómicas. Cando se alude a “razóns técnicas” para explicar o comportamento do electorado galego, esquécese que no referendo convocado por Franco en 1966, para aprobar a Lei Orgánica do Estado, os galegos emitimos o voto masivamente.

As Eleccións Autonómicas de Galicia supuxeron o primeiro revés da UCD, que, con 24 escanos, foi superada por Alianza Popular, que obtivo 26. Leopoldo Calvo Sotelo di nas memorias: “Perdimos por dos escaños: un enredo último de Meilán y de Franqueira había hecho fracasar dos meses antes la candidatura de José María Suárez, Rector de Santiago y La Coruña. José María Suárez hubiera gobernado en Galicia con Fernández Albor como Conselleiro de Sanidad”. O candidato foi o presidente preautonómico José Quiroga e Xerardo Fernández Albor encabezou as listas de Alianza Popular.

O PSOE obtivo 16 escanos, a coalición BNG-PSG 3, o PCG 1 e EG 1.

Deixa un comentario