Dúas semblanzas do Comandante

Comandante Fidel Castro
Fidel Castro

Unha é miña, o retrato-caricatura ou caricatura-retrato que lle fixen, hai ben anos, para ilustrar algún comentario publicado en La Voz de Galicia.  A outra, a que vale, é a de Francisco Javier Bobillo de la Peña –Paco Bobillo, para os que o recordamos militando no PSP de Tierno Galbán, de quen foi secretario-, hoxe profesor titular de Ciencia Política na Complutense. Leer artículo Dos encuentros con Fidel Castro por Paco Bobillo.

Agora, cando leais e inimigos de Fidel dan imaxes contrapostas do carismático líder, que un día quixera a democracia para Cuba, coido que a intelixentísima crónica de Bobillo, a partir de dous encontros, pode axudarnos a entender como era na distancia curta o Comandante. Eu véxoo en panos menores. E o seu Réxime tamén.

Confío en que o disfrutedes tanto coma min.

Deixa un comentario

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.