Puntadas sen fío: Censura na arte

Censura na arte por Siro

O primeiro e máis radical censor foi Yahvé, o deus bíblico, que no libro do Éxodo prohibiu toda representación figurativa: «Non farás escultura, nin imaxe ningunha do que hai arriba, nos ceos; nin do que hai abaixo, na terra; nin do que hai nas augas, debaixo da terra». Era unha prohibición contra natura e, desde … Ler mais

Puntadas sen fío: Pedras

Pedras por Siro

Ximillupta Eróstrato, pastor en Éfeso (Turquía), tiña tanto afán de notoriedade que, en vez de facer unha pintada no templo de Artemisa -unha das sete marabillas do mundo antigo-, púxolle lume e destruíuno. É o primeiro atentado coñecido contra unha obra de arte e Plutarco datouno no 21 de xullo do 356 a. C. O … Ler mais

Puntadas sen fío: Franco volve a Ferrol

Franco volve a Ferrol por Siro

O que está a pasar na corporación municipal de Ferrol terá que figurar na antoloxía do disparate político porque é unha versión anovada e mellorada de Sopa de ganso, a formidable astracanada cinematográfica protagonizada polos irmáns Marx. Non é que se fixese unha montaña dun gran de area, porque nin gran de area había. Foi puro e … Ler mais

Puntadas sen fío: O día 25 de xullo

O día 25 de xullo por Siro

Agora que rematou «a solemnidade deste día, a festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos», evocada por Castelao no discurso Alba de Gloria; cos partidos poñendo quilómetros entre uns e outros e o nacionalismo galego máis dividido e enfrontado que nunca, cómpre preguntármonos se os galegos nos sentimos irmanados, á marxe de ideoloxías … Ler mais

Puntadas sen fío: Drag queens e Satanás

Drag Queens e Satanás por Siro

Non me gustan as drag queens histriónicas que, con tanto éxito, participan no desfile do Día do Orgullo Gay en Madrid e no concurso do Carnaval das Palmas de Gran Canaria. Véxoas cada ano nos informativos da TV e confirmo a opinión. Aqueles corpos de home empoleirados en plataformas de 30 centímetros e embutidos en bodis … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.