Puntadas sen fío: Meu curmán Vicente

Meu curmán Vicente por Siro

Amalia, unha das irmás de meu pai, era unha morena preciosa, cunha risa para anunciar dentífricos. Casou con Olegario, un asturiano tan guapo e simpático coma ela, que traballaba de deliñante na Fábrica de Armas de Trubia, e naquela vila pequena crearon o seu fogar. Tiña eu oito anos cando meus pais acordaron visitalos, aproveitando … Ler mais

Puntadas sen fío: Orquestras

Orquestras por Siro

Cando falo de humor e defino a retranca como «unha trécola intelectual da que os galegos nos valemos para saírmos dunha situación conflitiva sen comprometernos», poño como exemplo o da vella que nunha viñeta de Castelao dicía aos da comisión de festas: -Coma vostedes xa viñeron outros e tampouco levaron nada, que non se lles … Ler mais

Puntadas sen fío: Canción de Verán

Canción de Verán por Siro

Moito boto en falta a Georgie Dann nesta época do ano! Tiña formación musical para compoñer cancións de maior calidade, pero debíase a un público que, cada ano, esperaba del a canción do verán; e cumpría. A mediados de xuño aparecía rodeado de rubias e mulatas, cantando e bailando unha canción que che furaba os … Ler mais

Puntadas sen fío: O último éxito de Fleming

Puntadas sen fío: O último éxito de Fleming por Siro

Fleming decubriu os efectos antibacterianos do fungo Penicillium notatum o 3 de setembro de 1928 e publicou o estudo correspondente no British Journal of Experimental Pathology en 1929, pero non o patentou porque no laboratorio do Hospital St. Mary, onde investigou toda a vida, carecía de medios para crear o antibiótico que acabase coas infeccións; e … Ler mais

Puntadas sen fío: O humor de Fleming

Puntadas sen fío: O humor de Fleming por Siro

Chegoume un wasap cunha historia preciosa: un labrego escocés escoitou voces angustiosas no pantano próximo, correu a prestar axuda e conseguiu rescatar un rapaz medio afundido na lama. Á mañá seguinte recibiu a visita dun cabaleiro disposto a recompensalo economicamente por salvar o fillo e, como o labrego se negara, pediu ocuparse da educación do … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.