Puntadas sen fío: A arte de difamar

Puntadas sen fío: A arte de difamar por Siro

Todos lembramos a exministra francesa de Saúde e Deportes, Roselyne Bachelot, que nun programa de TV, en 2016, acusou a Nadal de doparse. Condenada a indemnizalo con 10.000 euros –que foron a unha ONG francesa-, declarou que so repetira o que dicían o mundo do tenis e a prensa. Claro; por algo Botticelli ao pintar … Ler mais

Puntadas sen fío: Ese vello e eu

Puntadas sen fío: Ese vello e eu por Siro

Cando en 2006 a enfermidade me obrigou a deixar a redacción da Voz, onde tan feliz era, non pensaba que seguiría cumprindo anos; pero aquí estou con 79 cantándome no papo. Coa saúde remendada, si; pero con puntadas que van resistindo e, ademais, co sentido do humor intacto. E iso é vitamina para o espírito … Ler mais

Puntadas sen fío: O cuarto Rei Mago

Feliz Nadal 2021 Siro

Das moitas humoradas que me chegaron por wasap nas festas de Nadal, ningunha me pareceu tan enxeñosa como a viñeta coas siluetas de catro Reis Magos en ringleira, recortadas no horizonte. O de diante pregunta: -¿Pero no éramos tres? E o último bérralle: -¿Por qué no te callas? O certo é que no evanxeo de … Ler mais

Un conto de Noiteboa

Puntadas sen fío: Un conto de Noiteboa por Siro

Digo “Noiteboa” e as primeiras imaxes que me veñen á mente son da cea familiar na casa dos meus país. Eu, con cinco anos, ledo e emocionado por verme na mesa grande do comedor cos meus irmáns, que esa noite deixaran as súas casas para vir á nosa. Tamén polas viandas a cea de Noiteboa … Ler mais

Siro López Lorenzo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Podes revisar a nosa Política de Privacidade no seguinte enlace.