Una caricatura de FrancoUnha caricatura de Franco

Francisco Franco
Francisco Franco

Artículo disponible en contenidos en galego

Francisco Franco
Francisco Franco

O meu amigo e ex director durante un tempo no xornal El Ideal Gallego Luis Blanco Vila publicou recentemente un artigo en El Progreso, recordando una anécdota que eu teño contado varias veces. Sorprendeume gratamente e agradezo o cariño que me segue gardando, pero a memoria traicionouno e cometeu un erro que quixen corrixir. O documento é curioso e supoño que os amigos que vos interesades polas anécdotas do franquismo consideraredes esta moi ilustrativa e clarificadora de como era España no ano 1972, con Franco vello e custodiado por un numeroso grupo de centurións dispostos a manter a súa condición de Invicto, Intocable e case, Divino.

Velaí o artigo de Luis Blanco Vila (pdf / enlace web).

E velaí o meu comentario, mínimamente corrixido.

Querido Luis: Alegroume ver este artigo que me fai recordar o meu tempo de colaborador no Ideal porque ti, o novo director, viñeches verme a Ferrol para invitarme a selo. Traballar contigo e despois con Rafael González foi unha experiencia gratísima, que recordo con nostalxia pola ilusión que toda a redacción poñía en facer o traballo superando as limitacións impostas pola dictadura.

Para min era importante publicar unha caricatura de Franco e fíxena en formato grande, moi coidada na elaboración e propúxenche públicala aproveitando a súa presenza no Pazo de Meirás. Pareceuche ben e fixeches algunhas xestións en Madrid para que te autorizasen, pero sen éxito, e foi daquela cando decidiches xogar forte, moi forte, pero pola túa conta; sen falar comigo. Parecìa que a xogada che saíra ben e que a túa audacia ía ter premio, pero cando chegaches ao xornal tiñas un aviso de Madrid dicíndoche: “a pesar de todo, no la publiques”. E non a publicaches. E o Ideal nin sequera informou do teu agasallo, e eu entereime polo Ya, que deu a información cunha foto na que estabas entregándolle a caricatura, moi ben enmarcada, ao Caudillo. Cando fun verte a Coruña – eu seguía vivíndo en Ferrol – contáchesme todo esto que, lóxicamente, recordo mellor ca ti.

Ver a túa reseña e o cariño con que me tratas non pode ter mais resposta que a da gratitude, pero tiña que correxir o erro de que eu estaba no allo e autorizara o regalo. Eu contei esta anécdota moitas veces, lamentando que unha xogada tan arriscada como a túa non tivese o premio merecido. Pero é que había más franquistas que Franco, claro. Moitas veces me teño preguntado que sería daquela caricatura. Seguro que ti tamèn.

Grazas, director, por seguir recordándome co mesmo afecto que eu a ti.

Unha forte aperta.

Siro

E agora vede a miña versión publicada o 15 de xullo de 2012 na serie “Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín”, en La Voz de Galicia: O humor de Franco pdf / enlace web

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.