Boliche

Lo he dicho ya. Me resulta difícil escribir fuera de los límites del humor, concretamente de esa forma de humor que deberíamos llamar “humorismo” para diferenciarla de la “comicidad” y de la “sátira”. El humorismo se dirige a la inteligencia y al corazón del lector para no dejarlo reír a gusto, para crearle mala conciencia de la risa, y trocar la risa inicial en sonrisa y emoción. En clave de humor escribí numerosos cuentos infantiles para mis programas radiofónicos. Uno de ellos, el titulado Boliche, fue premiado en un certamen de la Agrupación Cultural O Facho, de A Coruña, en los años 70, y editado en el 1982. 

Boliche

Cando Lisardo viu aquela pelota de peluxe latexante, pensou que o gatiño era tan pequeño e tan lindo como unha das bolas de vidro coas que xogaba ao gua cos outros pícaros da aldea. Foi por iso polo que lle chamou Boliche, mentres lle daba abeiro na mornura do peito. Sentíase ledo daquela boa acción. Acontecera todo dun xeito tan afusquiñado, que mesmo semellaba un soño.

Aquel sábado, como todos os sábados do ano, don Pablo, o mestre, enchera o coche de rapaces e rapazas para levalos a pasar un día na vila. ¡Que xornada inesquecible!

Primeiro foran á librería, onde o escolante recolleu os libros que encargara na visita anterior, mentres os alumnos botaban papas no esforzo de contar tanto libro como alí había.

Libros de todas as granduras e de todas as cores aparecían ergueitos, como rexos soldados, nos anaqueis. Don Pablo e mailo libreiro mostráranlles os máis grandes e os máis pequenos, os máis grosos e os máis delgados… Cando Lisardo luiu coa xema dos dedos as marxes douradas dun libro pequecho, notou que os pelos da caluga se lle puñan tesos e descubriu que tamén el sería algún día libreiro.

Botáranse logo ás rúas ateigadas de xente e de coches, e andiveron un bo cacho, algo atordoados por tanto ruído, tantos gases e tanta presa.

Chegaron deica o Mercado Municipal e entraron na praza do peixe. Xamais el e os seus compañeiros, todos con idades entre os nove e os dez anos, e todos nados na montaña, poderían maxinar que chegasen a ver xuntas tantas especies.

O mestre fora presentándollelas unha a unha polos seus nomes populares:

–Este é o escacho. Ollade que boca grande ten.

Para continuar a lectura de Boliche escríbanos a info@siroartista.com

Deixa un comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.