A puta Morte

corona_morte_6_siro

Non teño nada, pero nada de nada, nadiña, contra as mulleres que exercen a prostitución. No barrio de Esteiro, en Ferrol, onde nacín e medrei, había varios prostíbulos e cando publiquei o libro “Xente na brétema”, no que evoquei os personaxes populares naquel Ferrol de posguerra, os que protagonizaron a historia máis íntima e entrañable … Ler mais

Puntadas sen fío: Humor en tempo de virus

Humor en tempo de virus por Siro

Cando o coronavirus era so unha ameaza recibín un wasap de Luis Piedrahita, que dicía: “Si van varios en un ascensor, todos prefieren que a alguien se le escape un pedo que una tos”. Días despois, coas primeiras infeccións, Moncho Borrajo envioume outro, igualmente ocurrente, pero máis crítico: “Estráñame que os políticos se contaxien. Non … Ler mais

Puntadas sen fío: Aplausos

Puntadas sen fío: Aplausos por Siro

Cando baixei do bus coas bolsas do supermercado eran as oito da tarde e as ventás das casas, na praza dos Castros, estaban cheas de xente que aplaudía e facía soar distintos instrumentos en proba de gratitude ao persoal sanitario que nos defende do coronavirus. A vivencia era nova para min, que habito un piso … Ler mais

Puntadas sen fío: Coronavirus e Pedro Sánchez

Coronavirus e Pedro Sánchez por Siro

Non serei eu quen exima o Goberno das escandalosas meteduras de pata cometidas na crise do coronavirus, pero quero subliñar as peculiaridades dalgunhas críticas que nada teñen que ver con elas. A primeira recibina na longuísima mensaxe de WhatsApp dun médico que, por imperativo moral, quere informar á poboación da gravidade da pandemia «porque los … Ler mais

Puntadas sen fío: Coronavirus, Angelita e Jacinto

Puntadas sen fío: Coronavirus, Angelita e Jacinto por Siro

Un dos contos máis conmovedores de Castelao fala de dous vellos que tamén tiveron mocidade, que casaron por amor e viviron amándose totalmente, sempre xuntos. Un día leváronlle o viático ao vello e o seguinte morreu.A compañeira dos seus días vestiuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz. Despois entraron catro homes e sacaron a … Ler mais

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies