El renacer gallego de Pepe Chao RegoO renacer galego de Pepe Chao Rego

Cando Pepe Chao me pediu un prólogo para o seu libro “Eu renazo galego”, souben que non debería escribilo, senón debuxalo. Un prólogo feito con viñetas era algo sen precedentes na bibliografía galega -e supoño que tamén na española- naquel ano 1983, e pode que tamén hoxe. Por que decidín debuxalo na vez de escribilo … Ler mais

El hombre tranquilo Pepe Chao RegoO home tranquilo Pepe Chao Rego

Pepe Chao Rego por Siro
Pepe Chao Rego

Pode que a procesión lle andivese por dentro, pero Xosé Chao Rego sempre me pareceu moito máis tranquilo que aquel irlandés interpretado por John Wayne na inesquecible película de John Ford. Sei que Pepe tiña xenio e era apaixonado, pero tamén sei que sabía embridar o xenio e controlar a paixón; e se digo que era un home tranquilo é polo seu reaxir en momentos especialmente conflitivos. O menos grave dos que recordo é do 1983, cando Ramón, o irmán máis novo, publicou o libro “El lago de Como”. Os libreiros de Vilalba recibírono con alegría e encheron os escaparates con numerosos exemplares. Cabo dunha hora estaba vendida a metade, e cabo doutra hora os libreiros retiráronos dos escaparates porque o pobo estaba arrepiado e alporizado co que lera naquelas páxinas. Ainda que o nome da vila que se descrebe era Reigada e os dos protagonistas inventados, identificábase con Vilalba e con certos vecinos porque o libro recollía todas as faladurías que durante anos se fixeran en voz queda. Da “denuncia” non se libraba nin a propia familia, e nin sequera o autor. O escándalo foi tremendo e coido que a día de hoxe Ramón aínda non ousou volver a Vilalba; pero Pepe seguiu na “Choupana”, a pequena vivenda que fixera na vila ao pouco de secularizarse, escoitando, paciente e comprensivo, as queixas dos veciños. A min dicíame que non entendía por que Ramón fixera aquelo, pero sospeito que non lle pediu explicacións.

Ler maisEl hombre tranquilo Pepe Chao RegoO home tranquilo Pepe Chao Rego

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies